Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Mesa da Mobilidade

Imaxe

O pasado día 29 de xaneiro realizouse a reunión constituínte da Mesa pola Mobilidade Sostible da Coruña.

Estivo presidida polo concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, e estiveron representadas 28 entidades públicas e privadas incluídas varias administracións, ademais das persoas representantes dos grupos políticos da Corporación.

Tras o informe do presidente sobre a orixe, obxectivos e contidos da mesa, todas as persoas presentes mostraron a súa adhesión aos principios contidos na "Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sostible" aprobado polo Pleno municipal do concello o 3 de outubro de 2019.

Esta declaración proclama que a nosa saúde, o noso medio ambiente e a procura de modos de vida urbana de maior cohesión social son retos que esixen unha aposta clara pola mobilidade sustentable; por tanto, a cidade debe asumir de xeito decidido un compromiso activo.

Pé 2

O obxectivo fundamental da declaración é a implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, da cidade en favor dunha política de mobilidade sustentable coordinada cun modelo de crecemento urbano que aposte pola compactidade fronte a dispersión. Ambos os conceptos, mobilidade e compactidade urbana, xa están postos en relación nos documentos de traballo da Axenda Urbana Española, na que A Coruña asumiu un compromiso avanzado.

O concelleiro de Mobilidade presentou a iniciativa do Goberno Local de reducir a velocidade na cidade a 30 Km/h; A Coruña convértese nunha das primeiras cidades que mostra o seu interese para pacificar de forma integral o tráfico e sosegar a condución co fin de conseguir unha mobilidade máis segura para todos.

Esta medida consiste en que nas vías de dous ou máis carrís por sentido o límite de velocidade estará limitado a 50 km/h. Nestas vías implantaranse carrís de 30 km/h cando a súa configuración así o permita. Nas vías de plataforma única a limitación de velocidade será de 10 km/h. Na mesa acordouse por unanimidade iniciar os traballos técnicos necesarios para a implantación desa redución de velocidade.

O concelleiro comunicoulles a todos os membros da mesa a integración da Coruña na Rede de Cidades que Camiñan.

A configuración dos equipos técnicos de traballo foi outro dos temas que se trataron na mesa. As distintas áreas que integran a mobilidade sustentable segura e saudable, estudaranse e debateranse en cinco grupos técnicos: Seguridade Viaria, Transportes, Xestión da Circulación e o Estacionamento, Saúde e Medio ambiente, Accesibilidade Universal e Humanización.

Así mesmo creáronse comisións técnicas que terán como obxecto de estudo temas concretos como pode ser: vías ciclables e VMP, polígonos industriais, distribución urbana de mercadorías.

A creación dunha comisión para a actualización normativa da mobilidade e para impulsar a información e a formación á cidadanía completan os equipos técnicos da mesa.

Ademais do proxecto Coruña Cidade 30, a regulación dos VMP é unha tarefa prioritaria do Goberno municipal que xa lle presentou á mesa un borrador de instrución que será obxecto de debate técnico antes da súa publicación e entrada en vigor.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión