Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Nomeamento do Comisionado

Comisionado

A Xunta de Goberno Local aprobou o 28 de xuño de 2019 a creación da Mesa de Mobilidade e o Comisionado de Mobilidade, que desempeñará as funcións de asistencia e secretario dela.

Ademais deses traballos de apoio á Mesa, o Comisionado que depende da Concellería de Mobilidade, realizará as seguintes funcións:

  • Informar a actualización do bloque normativo en materia de mobilidade.
  • Informe previo sobre as actuacións en materia de tráfico (peonalizacións, zonas 30, carril bus, carril bici, cambios de sentido).
  • Propoñerlle á/ao concelleira/o competente, para o seu estudo e aprobación, actuacións e procedementos en materia de mobilidade.
  • Elaborar as propostas de mobilidade que lle sexan requiridas polos órganos municipais competentes.
  • Fomentar a formación e información á cidadanía para lograr unha mobilidade segura e saudable.
  • Configurar e desenvolver o Observatorio da Mobilidade, elaborando os estudos que lle requiran os órganos municipais competentes.
  • Propiciar a utilización das últimas tecnoloxías na mobilidade.
  • Coordinar o apoio policial necesario para a mobilidade.

O superintendente da Policía Local, Antonio F. Alfeirán Rodríguez, asume as funcións de Comisionado para a Mobilidade desde o mes de decembro de 2019.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión