Concello da Coruña

Concello da Coruña

A menos velocidade máis cidade

Durante a Semana Europea da Mobilidade o Servizo Municipal de Mobilidade iniciou a segunda fase do plan Coruña Cidade 30.

A redución da velocidade a 30 Km/h permitirá gozar con maior seguridade dos espazos públicos. Tamén se anunciou que nas vías de dúas ou máis carrís implantaranse carrís 30 para dar continuidade aos itinerarios ciclistas e de VMP.

"A menos velocidade máis cidade", é o slogan de Coruña Cidade 30.

cc

A cidade que camiña.

A Coruña é membro da Rede de Cidades que Camiñan, asociación comprometida na defensa da cidade inclusiva na que as persoas poidan gozar do espazo público.

Baseándose na campaña, "Zapatos, emisións cero" no Obelisco da Mobilidade plantouse unha árbore simbólica de cuxas ramas colgan a historia de 10 pares de zapatos e de 10 vidas sen emisións.

Tamén se expuxeron as xa coñecidas 10 pílulas peonís da Rede, onde se resumen os principios da asociación de cidades.

mm

Andando chégase pronto.

O Servizo Municipal de Mobilidade está a confeccionar metrominutos para animar a realizar os desprazamentos a pé, xa que as distancias son máis curtas do que aparentan.

Ademais dos metrominutos a pé estanse preparando biciminutos para distintos traxectos pola cidade.

No Obelisco da Mobilidade expúxose un panel conxunto de bici e metrominuto con 6 rutas a pé e 6 rutas en bicicleta en cada unha das cales se marcaron a distancia e o tempo. Aínda que se mantén o nome a imaxe non copia o formato de plano de Metro.

  • Vidas de emisións cero

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión