Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Inicio
  • Semana Europea da Mobilidade

Inauguración da Semana Europea da Mobilidade

Obelisco

A alcaldesa, Inés Rey , xunto co concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, e portavoces doutras forzas políticas, inauguraron a Semana Europea da Mobilidade na que anunciou que o concello realiza unha consulta pública, a primeira Ordenanza de Mobilidade da historia da cidade. A alcaldesa destacou que a mobilidade sustentable "É un eixo do proxecto de cidade que queremos desenvolver nos próximos anos".

O concello, está a traballar pola mobilidade sustentable, pola mobilidade ligada aos novos espazos abertos que favorecen o encontro e a convivencia, por unha Coruña 30 máis limpa e con menos emisións reducindo a velocidade a 30 km/ h en todas as estradas, excepto aquelas con máis dun carril.

"Unha cidade máis segura para a veciñanza, reducindo a contaminación, mellorando a saúde pública e a calidade ambiental".

Isto fai necesaria unha nova ordenanza para refundir os documentos existentes en materia de mobilidade. O texto estará en exhibición pública durante dous meses co compromiso do concello de ter dispoñible un borrador do texto para o seu debate en pleno e así, en 2021, A Coruña conta cunha nova Ordenanza de mobilidade.

Villoslada destacou que a aposta do concello e de toda a Corporación municipal, coa declaración de 3 de outubro pola mobilidade sustentable na Coruña, reflicte a aposta por traballar nunha cidade máis amigable, máis sustentable e máis saudable.

Agradeceulles a todos os sectores implicados na mobilidade da cidade o seu esforzo para implementar as novas políticas de mobilidade deseñadas no Padroado de Mobilidade e estruturadas en saúde pública, recuperación de espazos, seguridade viaria e mellora do medio ambiente coa redución de emisións de CO2.

O edil de Mobilidade lembrou que a Semana da Mobilidade que está a celebrar o concello baséase na procura non só da mellora dos espazos públicos senón tamén da mellora da saúde pública e a calidade ambiental. "Enfrontámonos a unha crise climática e debemos traballar todas e todos xuntos para reducir as emisións de CO2 e deixarlles ás xeracións futuras unha cidade máis amigable e habitable".

ortofoto

O Obelisco da Mobilidade Sustentable

No centro da cidade, ao redor do Obelisco dos Cantóns, instalouse durante a Semana Europea da Mobilidade un recinto de 300 m² con 5 carpas para a exposición de material e actividades relacionadas coa mobilidade segura e sustentable.

Desde o 16 ao 22 de setembro no Obelisco a cidadanía puido comprobar en tempo real a calidade do aire e as emisións contaminantes na zona e as últimas novidades en seguridade viaria tanto en material policial como en iluminación pública específica para a mobilidade.

As medidas anti-Covid nos autobuses urbanos e as innovacións tecnolóxicas na regulación semafórica tamén se puideron analizar durante as actividades realizadas durante a Semana.

O Servizo Municipal de Mobilidade presentou, a través de diferentes paneis, o plan Coruña Cidade 30 e a ampliación da rede de carrís-bici e do servizo municipal de Bici-Coruña.

Durante toda a Semana as actividades realizadas foron arroupadas pola programación cultural e de pasacalles do Instituto Municipal Coruña de Espectáculos.

cc

A cidade que se pisa.

No lousado do Obelisco da Mobilidade colocouse unha ortofoto xigante da cidade da Coruña. Pisándoa as veciñas e veciños puideron descubrir unha imaxe singular da súa casa e do seu barrio.

Os nenos e nenas buscaban os seus colexios e as súas zonas de xogos. Tamén se podían comprobar as rutas habituais de desprazamento e estudar alternativas mellores.

A Rolda Peonil e as estacións de bicicletas do servizo municipal Bici-Coruña estaban remarcadas na ortofoto para a súa fácil localización.

Diploma da SEM 2020

diploma

Participación na Semana Europea da Mobilidade 2020

A Coruña recibiu o diploma do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico por colaborar na Semana Europea da Mobilidade.

No recinto do Obelisco durante eses días desenvolvéronse numerosas actividades para difundir entre a cidadanía as medidas de mobilidade sustentable que se están implementando na cidade, en especial a aprobación da Coruña como Cidade 30, que permitirá desprazarse polas vías e beirarrúas con maiores niveis de seguridade para todas e todos, especialmente as persoas máis vulnerables.

Tamén, no marco da SEM, se realizou o primeiro Foro da Mesa de Mobilidade, que contou coa presenza e apoio do director xeral de Tráfico.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión