Concello da Coruña

Concello da Coruña

Día sen coches en Santo André

CELEBRACIÓN DO DÍA SEN COCHES.

O martes 22 na Coruña celebrouse o día sen coches na rúa do Santo André.

A rúa do Santo André cruza todo o centro da cidade e é unha das vías de maior tráfico do centro urbano. Para o goce da cidadanía cortouse totalmente ao tráfico de vehículos desde as 15:30h ata as 21:00h.

No espazo libre de coches houbo actividades culturais, escola de pinturas de caricaturas para nenos e pasacalles. Os comercios e establecementos de hostalería puideron botarse á calzada para expoñer os seus produtos.

Dado o éxito cidadán, o Goberno Municipal ha decidido que todos os sábados pola tarde se peche ao tráfico esta rúa e xa se licitou o proxecto construtivo para a bulevarización da vía, que dos tres carrís existentes só manterá un para o transporte público.

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

PROGRAMA DE PASACALLE

Venres 18

18.00 horas. Cale Alcalde Marchesi. ASOCIACIÓN CULTURAL SON D'AQUÍ

20.00 horas. Cale Alcalde Marchesi. ASOCIACIÓN CULTURAL XACARANDAINA

Sábado 19

12.00 horas. Rúa Compostela. CANTIGAS DÁ TERRA

18.00 horas. Rúa Compostela. ASOCIACIÓN CULTURAL DONAIRE

20.00 horas. Rúa Compostela. ASOCIACIÓN CULTURAL SON D'AQUÍ

  • Domingo 20

    • 12.00 horas. Rúa Emilia Pardo Bazán. ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS
    • 12.00 horas. Rúa Compostela. AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA ATURUXO
    • 18.00 horas. Rúa Compostela. ASOCIACIÓN CULTURAL SON D'AQUÍ
    • 20.00 horas. Rúa Compostela. ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDO
  • O martes 22 o día sen coches na rúa do Santo André

    • 16.30 horas. Rúa San Andrés. Os VIQUEIRAS, GAITEIROS E CABEZUDOS
    • 17.00 horas. Rúa San Andrés. AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA GAITEIRIÑOS
    • 18.00 horas. Rúa San Andrés. ASOCIACIÓN CULTURAL DONAIRE
    • 18.30 horas. Rúa San Andrés. PASACALLE MODERNISTA
    • 19.30 horas. Rúa San Andrés. ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión