Concello da Coruña

Concello da Coruña

Foro da Mesa de Mobilidade

A Mesa pola Mobilidade Sustentable contribuíu á celebración da Semana Europea da Mobilidade organizando un foro presencial o día 21 de setembro.

O lema do Foro "A mobilidade que necesitamos" indica claramente o contido e obxecto do mesmo. Os representantes dos veciños, das persoas en situación de discapacidade e as vítimas dos accidentes de tráfico contaron cales son as condicións que se deben cumprir para conseguir unha mobilidade segura e cómoda para toda a cidadanía.

O transporte público e a ciclologística foron obxecto de senllos relatorios.

O Foro foi inaugurado polo Director Xeral de Tráfico, Pere Navarro e contou coa participación da Coordinadora Técnica da Rede de Cidades que Camiñan, Ana Montalbán.

Pola limitación de aforamentos vixente, só puideron asistir 45 representantes de entidades e administracións públicas comprometidas no desenvolvemento da mobilidade sustentable na cidade.

Os relatorios presentados no foro

Primeiro panel: a sociedade civil

"Cidade 30, rúas deliciosas". Ana Montalbán Navas, arquitecta e secretaria técnica da Rede de Cidades que Camiñan.

"A mobilidade que quere a cidadanía". Lucía Vieito Pan, traballadora que forma parte da Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana.

Segundo panel: os máis vulnerables

"Obxectivo cero vítimas". Jeanne Picard, delegada en Galicia e para Asuntos Internacionais de Stop Accidentes.

"O que eu necesito é cómodo para ti". Francisco Javier Carreira Roca, arquitecto e coordinador do Grupo Accesibilidade Coruña.

Terceiro panel: o transporte de persoas e envíos

"O transporte público que se necesita". Alfonso Orro Arcay, enxeñeiro de camiños, profesor e investigador da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da UDC.

"Cicloloxística nas cidades". Andrés Souto Díaz, delineante proxectista e ciclista en todas as súas variantes, vicepresidente da Asociación española de empresas de Cicloloxística.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión