Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Tarxetas persoas de diversidade funcional

En que consiste?:

Tarxeta para estacionar en lugares reservados para persoas con discapacidade; concederase a todas aquelas persoas residentes no termo municipal que sufran algunha discapacidade de carácter permanente que lles cause problemas de ambulación e desprazamento, principalmente no aparello locomotor (membros inferiores).

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

REQUISITOS

  • Estar empadroado no Concello da Coruña.
  • Ter reconociado un grao de discapacidade que imposibilite o uso de transporte público.

DOCUMENTACIÓN

  • Impreso de solicitude específico.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Copia do DNI. En caso de menores de 14 anos que non dispoñan del, achegarase a copia do DNI da nai, do pai ou da persoa titora legal.
  • Copia do certificado do grao de discapacidade no que conste que ten recoñecida a imposibilidade de uso do transporte público, expedido polos Equipos de Valoración e Orientación - EVO.

RENOVACIÓN

É necesario presentar unha solicitude no Rexistro Xeral Municipal e achegar a mesma documentación que para a solicitude por primeira vez.

RECOLLIDA DA TARXETA

Unha vez que a persoa interesada recibe no seu domicilio a notificación da concesión da tarxeta pode pasar a recollela na Unidade de Circulación situada na rúa Cabaleiros núm. 21 (Estación de Autobuses) e achegar a seguinte documentación:

  • DNI da persoa titular.
  • Notificación da concesión.
  • Tarxeta anterior (no suposto de renovación).

A tarxeta só pode ser retirada de maneira presencial pola persoa titular.

EXPEDICIÓN DE DUPLICADO POR DETERIORACIÓN, PERDA OU ROUBO

  • Impreso de solicitude (pódese recoller nas oficinas do Rexistro da Área Económica Municipal ou descargar da páxina web: www.coruna.es).
  • Copia do DNI. En caso de menores de 14 anos que non dispoñan del, achegarase a copia do DNI da nai, do pai ou da persoa titora legal.
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Denuncia (no suposto de roubo ou perda).
  • Aboar a taxa establecida (Ordenanza Fiscal nº 1, epígrafe 1.12.2)

A citada documentación débese presentar nas oficinas do Rexistro da Área Económica Municipal.

BAIXA DA TARXETA

  • Impreso de solicitude (pódese recoller nas oficinas do Rexistro Xeral Municipal ou descargar da páxina web: www.coruna.es).
  • DNI (da persoa solicitante).
  • Tarxeta

VIXENCIA DA TARXETA 

  • A tarxeta ten unha vixencia de 10 anos (pode ser inferior se o certificado do grao de discapacidade é provisional).
  • A tarxeta é válida en toda a Unión Europea.

Internet

Teléfono

Documentos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión