Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Autorización para instalación de terrazas en espazos de uso público

En que consiste?:

Obtención da autorización municipal para instalar terrazas en espazos de uso público nalgunha das seguintes modalidades:

  • Terraza sen cerramento estable: composta por elementos móbiles e desmontables e sen cuberta fixa ou estable inclusive as que conten con toldo enrollable a fachada.
  • Terraza con cerramento estable: composta por elementos fixos e móbiles, facilmente desmontables, pechada na totalidade ou parte do seu perímetro e cuberta.

As autorizacións poderán ser:

  • Autorización temporal: 1 de abril ao 30 de setembro (ambos inclusive).
  • Autorización anual: 1 de xaneiro ao 31 de decembro (ambos inclusive).

    Onde se fai?:

    Rexistro Franxa ( obter Carta de pago taxas, prezos públicos e caixa Municipal)

    Organismo responsable: Sección de Licenzas de Uso de Dominio Público

    A quen vai dirixido?:

    Poderá solicitar a autorización para a instalación de terraza a persoa titular da licenza de actividade do establecemento hostaleiro. Serán requisitos para obter esta autorización:

    • Que a licenza de actividade estea en vigor. Poderá formularse a solicitude se a licenza se encontra en tramitación, aínda que non se poderá conceder ata que se estea en posesión dela.
    • Non ter débedas coa Facenda Municipal (comprobarase de oficio).
    • Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil e de incendios que inclúa a terraza.

    Organismo responsable:

    Ayuntamiento

    Prazo de presentación:

    Prazo ordinario: 1 de outubro a 15 de decembro do ano anterior ao de instalación da terraza.

    Que se necesita?:

    Rexistrar unha solicitude de autorización para instalación de terrazas en espazos de uso público segundo o modelo oficial xunto coa documentación necesaria que, para cada caso, establece a ordenanza municipal. A relación desta documentación anéxase co impreso oficial e, ademais, pode consultarse nos arquivos adxuntos dentro do apartado Máis información.

    Consultar bonificación do 50% sobre as tarifas de aplicación (art. 6.6 da ordenanza fiscal 28). Esta bonificación deberá ser solicitada expresamente pola persoa interesada polo que, se é o caso, deberá indicalo na súa solicitude. Será necesario achegar factura ou documento acreditativo do pago pola adquisición de novos elementos.

    Poderán acollerse á bonificación aquelas terrazas que cumpran os seguintes requisitos:

    • Que se trate dunha terraza sen cerramento estable
    • Que os elementos de mobiliario e demais elementos auxiliares resulten homologables de acordo cos novos criterios da ordenanza vixente
    • Que conte con elementos axardinados en proporción adecuada e integrados esteticamente (sirvan ou non como elementos delimitadores)
    • Que supoña unha mellora estética, de deseño, calidade e mellor integración na contorna.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión