Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta Bus Millennium Escolar

En que consiste?:

A través da tarxeta bus escolar, as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Que se necesita?:

Tanto para a obtención por primeira vez da Tarxeta Millennium como para a súa renovación:

REQUISITOS:

  • Ter entre 13 e 25 anos de idade.

  • Estar empadroada/o no Concello da Coruña con antigüidade mínima de 6 meses. Tanto a persoa solicitante como os membros da unidade familiar.
  • Ter unha renda inferior a 40.000 € brutos por unidade familiar. Será incrementada esta cantidade en 5.000 por cada fillo/a menor de 25 anos a maiores da persoa solicitante.

Nos supostos de familias monoparentais a renda anual bruta por unidade familiar, non poderá superar 24.000 € brutos, incrementada en 3.000 € por fillo/a a maiores.

  • Entre os 16 e os 25 anos deberán xustificar estaren matriculadas/os en centros de estudos dentro do termo municipal, homologados polo Ministerio competente en materia de Educación de Estado ou pola concellería competente en materia de Educación da Xunta de Galicia. Os estudos cursados deberán ter 12 ou máis horas lectivas á semana.
  • Tamén terán dereito á obtención da tarxeta escolar con independencia da súa idade, o alumnado da Universidade a Distancia (UNED); así como o alumnado que curse ensinanzas básicas iniciais da Educación para as persoas Adultas (ESPA); e o alumnado que curse Formación Profesional por réxime para as persoas adultas (A); en modalidade presencial cando o horario dos módulos de formación en centros educativos que lles resten para finalizar o ciclo formativo (con excepción, se é o caso, do módulo de proxecto) non chegue ás 12.00 horas, sempre que se matricule da totalidade deles.

DOCUMENTACIÓN:

  • DNI orixinal do pai, a nai ou titor/a; se o solicitante cumpriu os 14 anos, tamén do seu propio DNI.
  • Autorización ao Concello para o acceso aos datos fiscais necesarios para comprobar o nivel de renda (este impreso poderase obter directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web)
  • Para maiores de 16 anos: orixinal e copia da matrícula no centro escolar, ou ben certificado orixinal do centro de estudos de acharse matriculado no curso correspondente. Deberá constar o número de horas lectivas e a finalización do curso, para aqueles/as alumnos/as que se matriculen na modalidade semipresencial/ 2ª Bacharel/ Módulos presencial por materias.
  • Non serán válidas as reservas de praza ou as solicitudes de matrícula.

Esta tarxeta ten unha validez anual a partir do momento da concesión para as/os menores de 16 anos. Para as/os maiores de 16 anos a validez será ata a finalización do curso académico, sempre que se manteña empadroado/a no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que a/o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por roubo, perda ou deterioración:

É necesario aboar a taxa establecida: 7 €. Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).

Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa, a/o usuario debe dirixirse co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.

Oficinas para a Tramitación da Tarxeta Millennium:

  • Servizo Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses (rúa Caballeros, 21)
  • Rexistro Xeral Pazo Municipal (praza de María Pita, 1)
  • Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural Ágora (Lugar da Gramela, 17)

Máis información:

Normas xerais:

  • Cada viaxe custa 0,23 €.
  • A nova tarxeta é gratuíta para as persoas titulares que reúnan os requisitos deste título de transporte. Esta tarxeta ten unha validez anual a partir do momento da concesión para as/os menores de 16 anos. Para as/os maiores de 16 anos a validez será ata a finalización do curso académico, sempre que se manteña empadroada/o no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil. .
  • Transbordo permitido entre liñas gratuíto (máximo 45 minutos).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión