Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xuño de 2022

O Concello da Coruña aproba melloras na mobilidade da cidade por un valor superior aos 6 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local autorizou a disposición dun novo sistema de base tecnolóxica que permitirá, entre outras cuestións, o seguimento do correcto estacionamento en zonas de carga e descarga

O Concello da Coruña aprobou este martes, na Xunta de Goberno Local, os expedientes de contratación para un paquete de cinco medidas orientadas a melloras na mobilidade na cidade, cun orzamento total de 6.112.081,44 euros correspondentes unha parte dos fondos Next Generation captados durante o mandato de Inés Rey.

Neste sentido, o Goberno de Inés Rey promoverá a monitorización e sensorización das zonas peonís reguladas e as zonas de carga e descarga ante a futura implantación dunha Zona de Baixas Emisións (ZBE) na Coruña que incluirá melloras na sinalización para o seguemento do cumprimento da normativa vixente no referente á circulación rodada e peonil.

Grazas a esta iniciativa, disporase dun novo sistema de base tecnolóxica para garantir a seguridade vial e dos peóns, así como o correcto estacionamento nas zonas de carga e descarga. Ademais, porase en marcha unha campaña de sensibilización e concienciación dirixida á cidadanía. O orzamento base de licitación é de 1.018.068,03 euros, e o prazo de execución desde a adxudicación dos traballos será de nove meses.

Ademais, a Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde á renovación integral do equipamento da sala municipal de control de Tráfico, situada na estación de autobuses da cidade. O contrato abrangue dous lotes: o primeiro, a adquisición de sistemas de control de accesos e sinalización, mediante cámaras, de cara á futura Zona de Baixas Emisións (ZBE); e o segundo, a instalación dun novo software para a xestión deste novo sistema de seguimento desde a o centro de control de Tráfico do Concello da Coruña.

A esta medida destinaranse 2.767.172,16 euros, e o prazo de execución dos traballos, desde a súa contratación, será tamén de nove meses.

En paralelo, tamén se aprobaron melloras para dispoñer un novo sistema de sensores deep-learning -mediante a implantación de cámaras de vídeo e sensores bluetooth- e radares con advertencia de límite de velocidade, cun orzamento de 1.450.975,04 euros e un prazo de execución de dez meses. A medida, promovida polo servizo de Mobilidade, busca reforzar o coñecemento dos datos diarios de circulación na cidade, con vistas a aproveitar o big-data resultante para promover estratexias que axuden á mellora do tránsito rodado no termo municipal, así como a garantir a seguridade vial da cidadanía, especialmente na contorna de centros educativos, centros de saúde e centros de día.

A obtención deste grande volume de datos será posible grazas á licitación dun servizo de asistencia técnica que levará a cabo un seguimento e análise do parque circulante de vehículos, así como unha identificación de itinerarios alternativos resultante de macrosimulacións de tráfico. O orzamento base do servizo é de 220.760,33 euros, cun prazo de execución de 18 meses a partir da súa adxudicación.

Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou a contratación do suministro e instalación de equipamento complementario á futura Zona de Baixas Emisións (ZBE), destinado á evaluación ambiental da contorna. O orzamento desta iniciativa, de 655.105,88 euros, irá destinado á instalación dunha nova estación para a medida da calidade do aire; outras oito estacións para a medida da contaminación acústica; así como cinco pantallas de información ambiental orientadas a concienciar á cidadanía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión