Concello da Coruña

Concello da Coruña

50 anos sen troles

O Concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, acompañado de Milagres Lantes, Concelleira de Carballo inauguraron a mostra"50 anos sen troles", que pon en valor unha liña pioneira en España e a importancia que tivo para o desenvolvemento dos municipios polos que pasaba.

Houbo un tempo no que a mobilidade en transporte colectivo era o modo de desprazarse para os veciños e veciñas das localidades galegas. Logo chegaron os coches e as súas infraestruturas. Con eles, o crecemento das emisións contaminantes e a ocupación do territorio para o seu servizo desatouse, alcanzando ata a última parroquia.

A exposición itinerante "50 anos sen troles" é un belo recordo daquela maneira de desprazarse, construír economías, atoparse persoas e vertebrar o territorio dunha maneira menos lesiva. Aqueles troles uniron A Laracha, Arteixo, Carballo e A Coruña constituíndo un fito compartido só con Barcelona e Bilbao, motores económicos da España de entón. Render homenaxe a aqueles empresarios visionarios que uniron os destinos desta área metropolitana dunha maneira máis sostible e coñecer as historias comúns que arrodearon aquela mobilidade é o motivo desta exposición.

Consta de dez grandes estruturas en forma de cubos altos, idóneos para contemplar e ler de pé, deténdose no paseo. O tratamento dos textos e os contidos históricos que se detallan permite ler cada panel como unha lectura individualizada de maneira que é posible retomar a lectura noutro paseo noutro punto.

A exposición ten orixe na Asociación Lumieira de Carballo. Na súa difusión tiveron un papel clave os municipios que unía, por aquel entón, o trole.

A súa presenza na SEM da Coruña trouxo a moitos coruñeses e coruñesas o lembranza daqueles buses que logo coñeceron un transporte de similares características na nosa cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión