Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aprendemos a circular en bicicleta

Con motivo da Semana Europea da Mobilidade, Mobi-liza organiza un curso para aprender a circular con este medio de transporte pola cidade.

A asociación de Mobi-liza aposta por unha mobilidade responsable, co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, instala unha pequena escola para aprender a circular en bicicleta.

Nesta ocasión desprazáronse á rúa Compostela e Alcalde Marchesi, desde as 18.30 h ata as 20.30 h, dirixido a todas as persoas que desexasen aprender neste curso de iniciación.

Estas leccións contan coa colaboración do Concello da Coruña, permitindo aprender, perfeccionar e mellorar a circulación en bicicleta, non hai idade para percorrer a cidade sobre rodas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión