Concello da Coruña

Concello da Coruña

Autorizacións para o transporte escolar

Instrución para tramitar as autorizacións para o transporte escolar

A Dirección de Infraestruturas e Mobilidade, por delegación da Xunta de Goberno Local, o 14 de agosto de 2020, aprobou a Instrución para tramitacións para o transporte escolar.

As empresas transportistas, cada ano ata o 31 de agosto, deberán estar en posesión da correspondente autorización con carácter previo ao inicio do curso escolar, co obxecto de realizar o transporte escolar dentro do termo municipal da Coruña.

As empresas de transporte deberán presentar a solicitude de licenza de transporte escolar, xunto coa seguinte documentación:

  1. Rutas, facilitadas polos centros escolares
  2. Horarios, facilitados polos centros escolares
  3. Paradas:
    1.   Listaxe de paradas
    2. 8 paradas exclusivas do Transporte Escolar
    3. Plano de localizacións das paradas exclusivas para o Transporte Escolar
    4. Resolución aprobada para habilitar 4 novas paradas para o transporte escolar
  4. A rede de rutas, paradas e horarios, que deberá entregarse nunha xeodatabase editable en formato GTFS OU SIMILAR, compatible, en calquera caso, cos sistemas de información xeográfica. 

Os vehículos destinados a este transporte deberán presentar:

Relación de vehículos que se pretenden dedicar á prestación do servizo. Estes vehículos deberán estar debidamente homologados como correspondentes á clase M, con carácter principal ou suplente, e que cumpren os requisitos establecidos no Real decreto 443/2001, do 27 de abril.

Certificado expedido pola Delegación de Transportes da Xunta de Galicia no que conste que os vehículos -relacionando as matrículas- son idóneos para o transporte escolar. No suposto de non presentar este certificado, deberán presentar, respecto de cada vehículo, a seguinte documentación:

  1. Permisos de circulación dos vehículos a nome da empresa solicitante da autorización do transporte ou título que, de conformidade co establecido no artigo 48.1 da Lei de ordenación do transporte terrestre, outorgue a dispoñibilidade sobre el.
  2. Tarxeta de Inspección Técnica dos vehículos en vigor, acreditativa de que os vehículos que realizarán o transporte escolar cumpren o previsto no RD 443/2001, en relación co disposto no RD 2042/1994, do 14 de outubro.
  3. Póliza de seguro de responsabilidade civil e recibo xustificativo do pagamento en vigor, que cubra os danos e perdas que poidan chegar a sufrir as persoas transportadas en cada vehículo adscrito ao servizo.
  4. Se a periodicidade do pagamento dos recibos for distinta á anual, deberá presentar os orixinais ou fotocopia cotexada a cada vencemento. De non facelo así, anularase a autorización, salvo que por calquera circunstancia fose baixa temporal o vehículo para o dito transporte, feito que lle deberá ser comunicado ao Concello para devolver a correspondente autorización.

Contrato co centro escolar ou, de ser o caso, certificación expedida polo centro contratante.

Xustificante de pagamento da taxa municipal que, coa presentación da documentación no Rexistro Municipal, deberá aboarse segundo o previsto na Ordenanza fiscal número 13.

Para as empresas de transporte que presenten toda a documentación esixida, seranlles expedidas as correspondentes tarxetas de autorización. Para as demais, outorgarase un prazo de 10 días para a emenda de defectos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión