Concello da Coruña

Concello da Coruña

CRPFTM

Cambio ou renovación do perfil social na Tarxeta Millennium

Canles:

Presencial, Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións, Certificados

Materia:

Sector público, Transporte

Vixente:

Si

Xestionar cambios ou renovacións de perfís sociais da Tarxeta Millennium para o transporte público

Existen diferentes perfís:

1.- Perfil Escolar: idade entre 13 e 25 anos. Límite renda. Matriculado. Validez anual. Viaxe a 0,23. € Máis información aquí: Tarjeta Bus Millennium Escolar

2.- Perfil Pensionista: idade menor de 65. Límite renda. Validez anual. Viaxe a 0,23 €. Máis información aquí: Tarjeta Bus Millennium Pensionista

3.- Perfil Xubilada/ou: maior de 65. Límite renda. Validez indefinida. Máis información aquí: Tarjeta Bus Millennium Jubilado

4.- Perfil Desempregada/ou: idade entre 16 e 65 anos. Polo menos un mes en situación de desemprego. Validez seis meses. Máis información aqui: Solicitude Tarxeta Coruña Millennium

5.- Perfil Diversidade Funcional: Límite renda. Discapacidade ≥33%. Validez 1 ano. Máis información Tarjeta Bus Millennium Diversidad Funcional

Existe un perfil Universitario, que se outorga mediante convocatoria anual da Universidade da Coruña, que posteriormente comunica os beneficiarios ao concello (preme aquí para máis información)

Cambio ou renovación de perfil social na Tarxeta Millennium

Inscricións:

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas empadroadas no Concello da Coruña como mínimo seis meses antes da solicitude, e que cumpran cos requisitos establecidos para a activación do correspondente perfil

Órgano que resolve:

Transportes

Máis información:

Aboamento por recorrencia: vai dirixido a fomentar o uso do autobús urbano e bonificar as e os usuarios habituais. Consiste en devolver o importe das viaxes a partir dun número determinado segundo o seu perfil. Os aboamentos realizaranse na propia tarxeta no momento da recarga a partir do día 5 do mes seguinte ao seu uso. Nestes perfís sociais, a partir das 70 viaxes mensuais.

Presentación

Prazo de presentación:

Sen prazo

Documentación necesaria:

  • Solicitude. Modelo 120: Modelo 120 Solicitude de cambio de perfil
  • Autorización: autorización de consulta de datos fiscais, se é o caso
  • Declaración: declaración de estado civil

Documentos relacionados

  • mod 120 activación ou renovación de perfl social Cartón Millenium (220 KB)
  • Declaración xurada do estado civil para cambiar o perfil da Tarxeta Millennium (57 KB)
  • Autorización de consulta de datos AEAT para cambio de perfil da Tarxeta Millennium (447 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

  • Cubrir o impreso específico de solicitude (modelo 120) e achegar a documentación que se sinala na apartado Documentación necesaria.

Como se fai?:

  • De forma presencial no Rexistro Xeral.Nas localizacións indicadas máis abaixo.
  • Por correo certificado dirixido ao Rexistro Xeral do concello.
  • Nos demais supostos contemplados no art 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Internet

Que se necesita?:

  • Deberá dispoñer de certificado dixital.
  • Unha vez cuberta a solicitude telemática, se vostede debe presentar máis documentación para achegar á solicitude, deberá ter preparados os ficheiros que necesite segundo se especifíca no apartado "Documentación necesaria".
  • No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

  • A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, teñen a obriga de realizar este trámite a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios etc...).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

Tramitar

Teléfono

Despois

Sentido do silencio administrativo:

Non procede

E despois?:

Actívase nos caixeiros, unha vez tramitada de conformidade a petición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión