Concello da Coruña

Concello da Coruña

Friday Mobility Night Especial SEM 2021

Na Semana Europea da Mobilidade, o venres 17 de Setembro A Coruña celebrou o "Friday Mobility Night".

A Coruña celebrou unha marcha conxunta de usuarios de Bicicletas, VMP e Patinetes, polas rúas da cidade, en colaboración con Mobi-liza, Galicia Rollers e a Asociación Coruñesa de Usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal.

Esta actividade enmárcase no Plan "CoruñaToda30".

A marcha nocturna, realizouse o venres 17 de Setembro desde a Praza de María Pita ás 21.30h, o percorrido é o seguinte:

Praza de María Pita, Cantóns, Linares Rivas, Menéndez e Pelayo, Federico Tapia, Rosalía de Castro, Juan Flórez, Medico Rodríguez, Fernando Macías, Calvo Sotelo, Avenida da Habana, Avenida Peruleiro, Rolda de Outeiro, Avda. Gran Canaria, Almte. Lángara, M.ª Luisa Durán Marquina, Parking Palacio dos Deportes (PARADA)

Av. Buenos Aires, Av. Pedro Barrié da Maza, Rúa Socorro, Cl. Zalaeta, Curros Enríquez, Paseo Marítimo, Av. Navarra, Cl. La Torre, Panadeiras, Cl. Orzán, Cl. Pastoriza, Cl. Santa Catalina, Cantón Grande, Cl. Real, Cl. Rega de Auga, e chegada á Praza de María Pita

Para iso contouse cun grupo de voluntarios que se encargaron de guiar a marcha conxunta, ademais da Policía Local, Protección Civil en colaboración co Concello da Coruña.

Nesta edición incorpórase a Ruta Branca de Friday Mobility Night, para percorrer as rúas da Coruña, polo que os participantes presentáronse vestidos con roupa desa cor.

Podes acceder ao percorrido desde aquí.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión