Concello da Coruña

Concello da Coruña

Friday Mobility Night

O venres 4 de Xuño A Coruña celebrou o "Friday Mobility Night". Dentro do plan "Coruña Toda 30".

A Coruña celebrou unha marcha conxunta de usuarios de Bicicletas, VMP e Patinetes, polas rúas da cidade, en colaboración con Mobi-liza, Galicia Rollers e a Asociación Coruñesa de Usuarios de Mobilidade Persoal. Esta actividade enmárcase no Plan "CoruñaToda30".

A marcha nocturna, realizouse o venres 4 de Xuño e saíu da Praza de María Pita ás 21.30h, o percorrido seguiu cara ao Dique de Abrigo, Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vazquez (Torre de Hércules/Acuario/..), Av. Pedro Barrié da Maza, Paseo de Rolda, Av. Gerardo Porto, Millenium (Parada de 5 min), Av. Gerardo Porto, Cale Sor Joaquina, Rúa Arxentina, Av. Gran Canaria, Paseo de Rolda, Cale Almirante Cadarso, Cale Xullo Rodriguez Jordi, Paseo de Rolda, Av. Habana, Rúa Alfredo Vicenti, Praza de Pontevedra, Rúa Teresa Herrera, Praza de Lugo, Rúa do Pai Feijoo, Praza de Ourense, Rúa Sanchez Bregua, Os Cantóns, Av. Mariña terminando na Praza de María Pita .

Tamén se fixo obsequio de camisetas co logo de Coruña 30, ata fin de existencias. Así mesmo, un grupo de voluntarios encargáronse de guiar a marcha conxunta, xunto coa Policía Local e Protección Civil.

Podes acceder ao percorrido desde o aquí.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión