Concello da Coruña

Concello da Coruña

Friday Mobility Night

O venres 2 de Xullo A Coruña celebrou o "Friday Mobility Night". Dentro do plan "Coruña Toda 30".

A Coruña celebrou unha marcha conxunta de usuarios de Bicicletas, VMP e Patinetes polas rúas da cidade, en colaboración con Mobi-liza, Galicia Rollers e a Asociación Coruñesa de Usuarios de Vehículos de Mobilidade Persoal. Esta actividade enmárcase no Plan "CoruñaToda30" .

A marcha nocturna, realizouse o venres 2 de Xullo e saíu da Praza de María Pita ás 21.30 h.

Praza María Pita - Avda Mariña - Tomando carril bici Cantón grande e pequeno - Avda. Linares Rivas - Custa Palloza - Avda. Fernández Latorre - Rúa Marqués de Amboaxe - Rúa Cabaleiros - Avda. Salvador de Madariaga - Rúa José Miñones Bernández - Rúa Pablo Picasso - Avda. Enrique Salgado Torres - Rúa Dr. Joaquín Cotarelo - Rúa Branco White - Avda. Ferrocarril - Avda. San Cristóbal - Avda. de Arteixo - Chegada Marineda

Descanso

Avda. de Arteixo - Avda. Salgado Torres - Avda. San Cristóbal - Avda. Salvador de Madariaga - Rolda Camilo José Cela - Rúa Miguel González Garcés - Avda. Salvador de Madariaga - Avda. Alcalde Pérez Ardá - Rúa Ramón y Cajal - Avda. Primo de Rivera - Avda. Linares Rivas - Avda. Porto da Coruña - Enlace paseo A Mariña - Ánimas - Parrote - Paseo Dársena - Praza María Pita

Fomentando a Mobilidade Activa e Sostible

O Concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, a Concelleira de Deportes, Mónica Martínez e a Concelleira de Barrios, Diana Sobral Cabanas participaron na marcha Friday Mobility Night.

Marcha que se realizará os primeiros venres de cada mes.

Esta marcha forma parte do plan CoruñaToda30. e pretende visibilizar a posibilidade de desprazarse en vehículos de mobilidade activa e sostible polas rúas da cidade.

A este evento asistiron máis de 100 persoas.

Podes acceder ao percorrido desde aquí.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión