Tarxeta Millennium e perfís
Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa
A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para podéreste mover en autobús pola cidade e pola súa área metropolitana de forma sinxela e económica. Serve tamén como tarxeta identificadora para o servizo de préstamo de bicicletas de BiciCoruña e como carné de socio/a nas bibliotecas municipais.
IMPORTANTE: como canle de comunicación, para calquera xestión coa tarxeta, deberá facilitar o número de teléfono e/ou correo electrónico.
Sistema Tarifario de Aboamento por Recorrencia na Tarxeta Millennium
O aboamento por recorrencia vai dirixido a fomentar o uso do autobús urbano e bonificar as persoas usuarias habituais. Consiste en lle devolver á persoa usuaria o importe das viaxes a partir dun número determinado segundo o seu perfil. Os aboamentos realizaranse na propia tarxeta no momento da recarga a partir do día 5 do mes seguinte ao seu uso.
Transporte público
A Tarxeta Coruña Millennium ofrece importantes descontos nas tarifas dos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispoñer de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir a tarxeta en ningún lector.
As persoas usuarias dos autobuses interurbanos poderán utilizar a Tarxeta Coruna Millennium como tarxeta moedeiro para pagar os seus traxectos metropolitanos. Nos autobuses metropolitanos a Tarxeta Millennium funciona con perfil xeral. Non son aplicables as subvencións ás persoas usuarias correspondentes ao perfil social do Concello da Coruña.
Servizos de préstamo con Coruña Millennium
Tes dúas tarifas dispoñibles para subscribirte ao servizo:
Tarifa anual, 12 meses, se esperas facer moito uso durante o ano.
Tarifa de uso ocasional, 30 días, se a usas ocasionalmente.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible