Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Nesta páxina

Cartón Millennium e Perfís

Coruña

A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para te poderes mover en autobús pola cidade e pola súa área metropolitana de forma sinxela e económica. Serve tamén como tarxeta identificativa para o servizo de préstamo de bicicletas de BiciCoruña e como carné de socia/o nas bibliotecas municipais.

Sistema tarifario de aboamento por recorrencia na Tarxeta Millennium

O aboamento por recurrencia vai dirixido a fomentar o uso do autobús urbano e bonificar as persoas usuarias habituais. Consiste en lle devolver á/ao usuaria/o o importe das viaxes a partir dun número determinado segundo o seu perfil. Os aboamentos realizaranse na propia tarxeta no momento da recarga a partir do día 5 do mes seguinte ao seu uso.

  • Perfil xeral: límite de 44 viaxes mensuais
  • Perfil social: límite de 70 viaxes mensuais

Transporte Público

Autobús urbano

Buses Urbanos

O Cartón Coruña Millennium ofrece importantes descontos nas tarifas dos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispoñer de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir o cartón en ningún lector.

fa fa-bus

Transporte Metropolitano e Interurbano

Os usuarios dos autobuses interurbanos poderán utilizar o cartón Coruna Millennium como cartón moedeiro para pagar os seus traxectos metropolitanos. Nos autobuses metropolitanos o cartón Millennium funciona con perfil xeral, non sendo aplicables as subvencións ao usuario correspondentes ao perfil social do Concello da Coruña.

aeroporto

Bus Aeroporto

O cartón Millenium tamén se pode utilizar para abonar o billete de bus que conecta A Coruña co aeroporto de Alvedro. O importe do billete con cartón metropolitano é de 0,85 €.

Servizos de préstamo con Coruna Millennium

BiciCoruña

Carné en BiciCoruña

Os usuarios do cartón Millennium pódense dar de alta no servizo de BiciCoruna rexistrándose na páxina web e ingresando a cota de mantemento de 30€ no número de conta indicado.

Bibliotecas municipais

Carné nas Bibliotecas municipais

Se xa dispós de cartón Millennium, simplemente achégache ao mostrador da biblioteca municipal da túa elección e darémosche de alta inmediatamente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión