Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Mesa da Mobilidade

Imaxe

O Pleno Municipal do Concello da Coruña, na súa sesión do pasado día 3 de outubro de 2019 adoptou a Declaración da Coruña por unha mobilidade máis sustentable. Esta declaración proclama que a nosa saúde, o noso medio ambiente e a procura de modos de vida urbana de maior cohesión social son retos que esixen unha aposta clara pola mobilidade sustentable; por tanto, a cidade debe asumir de forma decidida un compromiso activo.

O obxectivo fundamental da declaración é a implicación de todos os axentes e sectores, públicos e privados, da cidade en favor dunha política de mobilidade sustentable coordinada cun modelo de crecemento urbano que aposte pola compactidade fronte á dispersión. Ambos os conceptos, mobilidade e compactidade urbana xa están postos en relación nos documentos de traballo da Axenda Urbana Española, na que A Coruña asumiu un compromiso avanzado.

De entre os dez compromisos que en materia de mobilidade sustentable para A Coruña recolle a citada declaración, o décimo establece a constitución da Mesa pola mobilidade sustentable da Coruña, dentro do obxectivo común a compartir nun pacto polo medio ambiente, a saúde pública e a necesaria cohesión social.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión