Concello da Coruña

Concello da Coruña

Levei a reparar o meu televisor en garantía e leva tres meses, queda incrementado no período de garantía? Deben darmo por escrito?

A reparación suspende o cómputo do prazo da garantía legal. O período de suspensión comezará dende que o consumidor e usuario poña o produto a disposición do vendedor e concluirá coa entrega ao consumidor e usuario do produto xa reparado.

Ademais o vendedor está obrigado a lle entregar ao consumidor ou usuario que exercite o seu dereito á reparación ou substitución, xustificación documental da entrega do produto, na que conste a data de entrega e a falta de conformidade que orixina o exercicio do dereito.

Do mesmo xeito, xunto co produto reparado ou substituído, o vendedor entregaralle ao consumidor ou usuario xustificación documental da entrega na que conste a data desta e, se é o caso, a reparación efectuada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión