Concello da Coruña

Concello da Coruña

Alimentación e consumo

Obxectivo:

Facilitar a información necesaria para unha alimentación correcta e saudable e concienciar sobre como o resultado das nosas compras pode influír na nosa saúde.

Etiquetaxe alimentaria

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer cales son e en que consisten os elementos mínimos e obrigatorios da etiquetaxe de alimentos e dos diferentes tipos de etiquetas que existen en alimentación. Analizaranse diferentes etiquetas para ver a importancia destas e comprobaranse os diferentes elementos que forman unha etiqueta.

Descrición:

As e os participantes descubrirán os contidos mínimos dunha etiqueta de produto alimentario, e despois farán varios recoñecementos de diferentes produtos, así como o deseño de posibles etiquetas coa información mínima esixida.

Outros contidos relacionados

Nutrición e dieta equilibrada

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Promover hábitos que fomenten unha alimentación equilibrada, unha dieta sa, variada e equilibrada que subministra todos os nutrientes nunha proporción adecuada, coa finalidade de conseguir unha alimentación equilibrada. Ensinarase a distinguir entre alimento e nutriente e a que coñezan as funcións de cada nutriente. Poñeranse exemplos de menús equilibrados e daranse as claves dunha alimentación sa e equilibrada. Tamén se analizará a pirámide da alimentación.

Descrición:

Actividades lúdicas arredor dos hábitos saudables en alimentación, necesidades nutricionais, tipos de nutrientes, racións diarias recomendadas...

Outros contidos relacionados

Froitas e verduras

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria

Obxectivos:

Concienciar da importancia das froitas e verduras na alimentación. Que o alumnado poida analizar se a súa dieta é equilibrada respecto ao consumo destes alimentos.

Descrición:

Realizamos diferentes actividades lúdicas para fomentar o coñecemento das froitas e a importancia de incluílas na dieta habitual e cotiá. Descubrimos que lugar ocupan na pirámide da alimentación e finalizamos o taller cunha divertida degustación de froitas de tempada.

Outros contidos relacionados

Alimentos funcionais

Duración:

1 hora

Descrición:

A través de dinámicas de traballo en pequenos grupos damos a coñecer os alimentos funcionais, como poden axudar a suplir carencias nutricionais, así como posibles excesos.

Idade recomendada:

Alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Coñecer este tipo de alimentos, as súas características, a súa orixe, a súa etiquetaxe e o marco legal. Tamén se analizarán as súas posibles vantaxes de forma que poidan valoralos no consumo habitual da súa dieta. Nos últimos anos, o interese da cidadanía por coñecer a relación entre dieta e saúde foi en aumento e fomentou o uso deste tipo de alimentos.

Outros contidos relacionados

A lista da compra

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado Educación Primaria e ESO

Obxectivos:

Adquirir os coñecementos necesarios para realizar unha compra responsable de produtos de alimentación. Aprender a realizar un menú para unha dieta equilibrada considerando valores nutricionais, data de caducidade, a necesidade ou o prezo.

Descrición:

Traballaremos no deseño de listas da compra responsables, menús equilibrados... conxugando criterios ecolóxicos, económicos, nutricionais...

Outros contidos relacionados

Malgasto alimentario

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de educación primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Adquirir hábitos para evitar o malgasto alimentario, sensibilizando e concienciando o alumnado na importancia de adquirir boas rutinas. Analizaranse as causas do malgasto alimentario, relacionadas coa perda de valor ambiental, cultural e económico dos alimentos.

Descrición:

A través de diferentes dinámicas de autoanálise faremos conscientes as e os participantes do grao de malgasto alimentario que fan día a día, para despois, axudándonos de exercicios creativos, buscar solucións prácticas que contribúan a reducir e mesmo evitar tal malgasto.

Outros contidos relacionados

Alimentos ecolóxicos

Duración:

1 hora

Idade recomendada:

Alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Obxectivos:

Coñecer os produtos ecolóxicos e formar unha opinión obxectiva destes mediante a realización dunha análise comparativa. Traballaremos as bases dunha alimentación saudable, con pautas que nos permitan organizar o consumo de alimentos completos, sans e económicos.

Descrición:

A través de xogos e dinámicas damos a coñecer que produtos poden ser considerados ecolóxicos e baixo que criterios, achegándonos incluso de forma simple e esquemática á súa certificación.

Outros contidos relacionados

Economía Familiar: Almorzos sostibles para o cole

Duración:

1 hora.

Idade recomendada:

Alumnado de primaria

Obxectivos:

  • Concienciar sobre a importancia dunha boa alimentación e unha vida sa.
  • Informar ós/ás alumnos sobre a mala alimentación e o prexudicial que é para o noso desenvolvemento e a saúde do noso organismo.
  • Fomentar o coidado do noso planeta e a educación ambiental dentro das nosas prácticas diarias.
  • Cambiar con pequenas pautas, hábitos prexudiciais para nós e o noso planeta.
  • Proporcionar información para xerar unha actitude de consumo crítico perante a sociedade na que vivimos.

Descrición

Un dos problemas que máis preocupa á poboación na actualidade é a alimentación, sobre todo a dos/das máis pequenos. A meirande de alimentos que consumen non cumpran coas necesidades alimentarias e teñen un exceso grande de azucre e ingredientes nocivos para o noso organismo. Ademais de todo isto, o seu consumo é prexudicial para a conservación do noso planeta, debido sobre todo ó sobre envasado e ó exceso de plástico na súa almacenaxe, outro dos grandes problemas da nosa sociedade. Se os xuntamos, dun único xeito lle poderíamos dar solución a dúas problemáticas moi importantes de xeito moi sinxelo. É o que se pretende a través de este obradoiro, dar pautas sinxelas e económicas para tentar dalgún xeito solucionar estas dúas cuestións de forma positiva.

Outros contidos relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión