Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

3 de febreiro de 2019

A OMIC inicia unha nova edición dos cursos de consumo para persoas adultas que se centran la lectura de facturas, os servizos de telefonía, a vivenda e os produtos milagre

As charlas e obradoiros están limitados a 15 prazas, polo que é preciso a inscrición previa

A Concellería de Emprego e Economía Social informa do inicio dunha nova edición das actividades formativas para persoas adultas sobre dereitos no consumo que imparte a Oficina Municipal de Información ás Persoas Consumidoras (OMIC). Esta iniciativa, que está dirixida a persoas maiores de 18 anos, está conformada por charlas e obradoiros arredor de diferentes temáticas de actualidade que, nesta ocasión, están centradas na lectura das facturas, os servizos de telefonía, a vivenda e os produtos milagre.

As charlas do programa, que teñen unha duración aproximada de hora e media, impártense unha vez ao mes, ata maio, na oficina da OMIC, situada na Costa da Palloza, entre as 11.30 e as 13.00 horas. Para poder asistir é necesario facer a inscrición previa, que está xa aberta, a través da súa páxina web, www.coruna.gal/omic, xa que cada curso, que é gratuíto, dispón de 15 prazas. Nesta ocasión, comezarán o vindeiro 14 de febreiro co obradoiro Comprender a factura da luz. Segue no mes de marzo, tamén no día 14, con Dereitos sobre os servizos de telefonía e continúa o 25 de abril con Vivenda: alugueres e hipotecas. A última das sesións nesta edición terá lugar o xoves 16 de maio no curso Coidado cos produtos milagre.

Para máis información sobre a súa programación ou calquera tipo de dúbida, pódese chamar ao teléfono 981.189.820, ou escribir ao correo omic@coruna.es.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión