Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

13 de septiembre de 2021

A OMIC organiza un programa de talleres formativos sobre a nova factura da luz atendendo ás demandas da cidadanía

Os talleres realizaranse na OMIC desde outubro ata decembro

Dentro do Programa anual de Formación en Consumo a Oficina Municipal de Información ás persoas consumidoras vai poñer en marcha  un novo programa de formación para adultos coa finalidade de informar as persoas consumidoras sobre a nova factura da subministración eléctrica.

Van impartir 6 talleres de forma presencial. Os talleres son gratuítos pero necesitan inscrición previa:

Propoñense tres datas posibles de cada taller para que as persoas interesadas poidan solicitar a data que mellor se adapte ás súas necesidades.

Talleres:

  • A nosa factura de subministro eléctrico: Un dos principais gastos dentro da economía doméstica é a factura eléctrica. Este obradoiro pretende facilitar a súa comprensión e así poder adoptar medidas de aforro de gasto eléctrico. 
  • Coñece o mercado eléctrico: Tras as últimas modificacións na tarificación eléctrica e a continua emerxencia de empresas neste sector, vese necesario facer unha análise comparativa dos diferentes axentes que nos podemos atopar á hora de contratar uns servizos eléctricos. A lei da oferta e da demanda, comparativas das empresas, tarifas e prestacións, etc serán algúns dos temas a tratar neste obradoiro educativo.

Datas: 

  • A nosa factura de subministro eléctrico: 
    • 01.10.2021
    • 29.10.2021
    • 26.11.2021
  • Coñece o mercado eléctrixo: 
    • 15.10.2021
    • 19.11.2021
    • 03.12.2021

Lugar:

  • Nas instalacións da OMIC, na Costa la Palloza, 8.

Horario:

  • De 11.00 a 12.00 h

As persoas interesadas en asistir a esta formación poden enviar un correo a omic@coruna.gal ou ben chamando ao 981 18 98 20

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión