Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de outubro de 2019

Coñece os teus dereitos se o teu voo foi cancelado pola expansión do Coronavirus

As persoas pasaxeiras afectadas teñen dereito á información, de asistencia e de reembolso ou transporte alternativo. En caso de non recibir resposta, ou esta non ser satisfactoria pódese presentar unha reclamación ante AESA sen ningún custo.

A Axencia Estatal de Seguridade Aérea ( AESA) informa a todas as persoas pasaxeiras que se viron afectadas polas cancelacións de voos como consecuencia da declaración de emerxencia sanitaria mundial pola expansión do Coronavirus, que teñen dereito a información, asistencia e reembolso ou transporte alternativo.

A cancelación dos voos por parte das compañías aérea debido á declaración da emerxencia sanitaria mundial pola expansión do Coronavirus considérase unha circunstancia extraordinaria, e por iso, tal como recolle o Regulamento europeo 261/2004 sobre dereitos das persoas pasaxeiras, non hai dereito a compensación económica.

Por iso, neste caso de cancelación, a cidadanía ten dereito a:

Información: entrega por parte da compañía aérea dun impreso coas condicións de asistencia e compensación.

Asistencia: comida e bebida suficiente, dúas chamadas telefónicas ou acceso ao correo electrónico e, se fose necesario, a unha ou máis noites de aloxamento, así como ao transporte entre o aeroporto e o lugar de aloxamento.

Reembolso ou a transporte alternativo ata o destino final, onde a compañía debe ofrecer tres alternativas.

No caso de que a compañía non cumpra coas súas obrigas e vostede considera que non se respectaron os seus dereitos débello reclamar á compañía, e en caso de non recibir resposta, ou esta non ser satisfactoria, pode presentar unha reclamación ante AESA sen ningún custo.

Documentos relacionados

  • Recomendacións de EASA sobre o coronavirus (240 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión