Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de abril de 2020

Medidas excepcionais de protección das persoas consumidoras nas súas relacións de consumo durante o Estado de Alarma que garantan os seus dereitos

Adóptanse diferentes medidas aplicables aos contratos de compravenda de bens e de prestación de servizos, sexan ou non de tracto sucesivo, cuxa execución sexa imposible como consecuencia da aplicación das medidas adoptadas na declaración do estado de alarma. Nestes casos, as persoas consumidoras e usuarias poderán exercer o dereito para resolver o contrato durante un prazo de 14 días.

Nos contratos de tracto sucesivo, paralizarase o cobro de novas cotas ata que o servizo poida volver prestarse con normalidade; con todo, o contrato non queda rescindido.

Pola súa banda, no caso da prestación de servizos que inclúan varios provedores, como as viaxes combinadas, a persoa consumidora ou usuaria poderá optar por solicitar o reembolso ou usar o bono que lle entregará quen organiza ou, se é o caso, a/o comerciante de venda polo miúdo. O dito bono poderao utilizar no prazo dun ano desde a conclusión do estado de alarma. En caso de non utilizarse durante ese período, o/a consumidor/a poderá exercer o dereito de reembolso.​

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión