Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de marzo de 2020

Nota do Ministerio de Sanidade acerca das cancelacións de voos debido á expansión do coronavirus

Ante a situación provocada polo coronavirus (COVID-19), desde o Ministerio de Consumo recoméndase que se consulte prioritariamente a información que ofrece de forma actualizada en todo momento o Ministerio de Sanidade. Desde o Ministerio de Sanidade infórmase de que a OMS non recomenda a aplicación de restricións ás viaxes nin ao comercio internacional.

Con todo, seguindo o principio de precaución, o Ministerio de Sanidade recomenda non viaxar ás zonas afectadas a non ser que sexa estritamente necesario.

Se a persoa consumidora viaxa a un dos países ou zonas afectadas polo coronavirus (COVID-19), deberá consultar as recomendacións oficiais das autoridades nacionais competentes. Estas institucións facilitan información sobre a situación, as medidas preventivas e de seguridade para as/os viaxeiras/os, números de teléfono de urxencias, así como pautas sobre prevención e consumo de alimentos.

Ademais, antes da viaxe deben consultarse as páxinas web de:

  • Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación
  • Embaixada e/ou consulado de España no país ao que se vaia viaxar

Igualmente, recoméndase consultar a páxina web da Axencia Española de Seguridade Aérea, onde se informa a todas as persoas pasaxeiras que se viron afectadas polas cancelacións de voos como consecuencia da expansión do coronavirus, que teñen dereito a información, asistencia e reembolso ou transporte alternativo.

Tamén se recomenda consultar as páxinas web dos aeroportos, estacións de tren, empresas de transporte e axencias de viaxes.

As/os pasaxeiras/os aéreas/os que se viron afectadas/os polas cancelacións de voos por parte das compañías aéreas debido á expansión do coronavirus, teñen dereito a información, asistencia e reembolso ou transporte alternativo, de acordo co disposto no Regulamento (CE) núm. 261/2004:

  • Información: entrega por parte da compañía aérea dun impreso coas condicións de asistencia e compensación.
  • Asistencia: comida e bebida suficiente, dúas chamadas telefónicas ou acceso ao correo electrónico e, se fose necesario, unha ou máis noites de aloxamento, así como o transporte entre o aeroporto e o lugar de aloxamento.

  • Reembolso ou a transporte

No caso de que a aerolínea non cumpra coas súas obrigas e a persoa usuaria considera que non se respectaron os seus dereitos, débelle reclamar á compañía, e en caso de non recibir resposta ou esta non ser satisfactoria, pode presentar unha reclamación ante a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) sen ningún custo.

Se a aerolínea non cancelou o voo a un dos países ou zonas que se declararon afectados polo coronavirus (COVID-19), recoméndaselles ás persoas usuarias do transporte aéreo que llo consulten á compañía ou axencia coa que formalizasen o seu contrato de transportes; comproben os termos e condicións do contrato; e, no suposto que teñan un seguro de viaxe, procedan a consultalo por se puidesen cancelar o seu voo.

En todo caso, o Ministerio de Consumo insta as compañías, axencias e operadores a que actúen con flexibilidade e dean a posibilidade de cancelar ou ofrecer alternativas de viaxe ás persoas usuarias.

Se é preciso, esta información será periodicamente actualizada.

Documentos relacionados

  • Aviso enfermidade novo Coronavirus (COVID-19) (953 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión