Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xuño de 2020

O Goberno elimina as limitacións á portabilidade do número telefónico en caso de cambio de operador

As limitacións establecidas ao comezo do estado de alarma tiñan como obxectivo restrinxir os desprazamentos físicos, tanto das persoas usuarias como do persoal técnico das empresas de telecomunicacións, e reducir así os riscos de transmisión do coronavirus. Dentro do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, a eliminación das restricións de portabilidade reactivará o mercado das telecomunicacións e incrementará a capacidade de elección das/os usuarias/os. As medidas aprobadas hoxe inclúen, así mesmo, un procedemento para facilitar o aboamento da falta de pagamentos nos que a persoa usuaria incorrese durante o estado de alarma durante o cal os operadores estiveron obrigados a manter o servizo.

O Consello de Ministros aprobou hoxe a eliminación das limitacións ás persoas usuarias para cambiar de operador conservando o seu número telefónico, o que se coñece como portabilidade. Esta restrición adoptouse nunha situación de carácter extraordinario e o seu obxectivo era contribuír a facer fronte á crise sanitaria da COVID-19, limitando os desprazamentos físicos, tanto das persoas usuarias como do persoal técnico das empresas de telecomunicacións.

Aquela medida contribuíu á protección da saúde da cidadanía e á contención da progresión da pandemia mantendo a prestación dos servizos de comunicacións electrónicas e garantindo a conectividade.

As medidas que se adoptaron durante o estado de alarma posibilitaron que, no momento actual, España iniciase un proceso de redución gradual das medidas extraordinarias de restrición da mobilidade. O Plan para a transición cara a unha nova normalidade, que se aprobou o pasado 28 de abril de 2020, prevé a paulatina reactivación de todos os sectores da economía.

Unha vez que todo o territorio nacional está xa en Fase 1 ou Fase 2, a eliminación das restricións á portabilidade permitirá que o mercado das telecomunicacións recupere o seu dinamismo e plena operatividade e, ao mesmo tempo, se restableza a capacidade da cidadanía de elixir os servizos que mellor se adapten ás súas necesidades.

Unha vez que entre en vigor o Real decreto-lei aprobado hoxe, quedará derrogado o artigo 20 do Real decreto-lei 8/2020, do 17 de marzo e só permanece a obriga extraordinaria para os operadores de non interromper as comunicacións electrónicas, ao tratarse de servizos esenciais, ata que se deea por finalizado o estado de alarma, mesmo no caso de persoas abonadas que non procedesen ao pago.

Por este motivo, as medidas aprobadas hoxe inclúen un procedemento que lles facilita ás persoas abonadas satisfacer as facturas pendentes dun modo flexible.

Os operadores de comunicacións electrónicas estarán obrigados a ofrecer un fraccionamento e aprazamento da débeda na que puidesen incorrer as súas persoas abonadas desde a data de inicio do estado de alarma e ata o 30 de xuño de 2020. O prazo para realizar os pagos fraccionados será de seis meses, salvo que a persoa abonada acordase libremente co operador un prazo diferente e non se podrán devindicar xuros de demora nin se esixirán garantías para o fraccionamento e aprazamento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión