Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

18 de noviembre de 2020

Obradoiros educativos gratuítos A Casa dos Xoguetes

Os rapaces e rapazas que se acheguen ata “A Casa dos Xoguetes” situada en Juan Flórez, 104, poderán construír os seus propios xoguetes, adornos de Nadal, sen precisar máis que a súa imaxinación e materiais moi sinxelos. Fomentar un consumo e hábitos responsables en torno aos xoguetes e o principal obxectivo destas actividades.

Nº máximo de nenos e nenas por actividade: 5.

Precisarase a inscrición previa dos nenos e as nenas participantes no teléfono 981 903 834. E necesario facilitar o nome da persoa adulta de referencia e un teléfono móbil de contacto. Unha persoa adulta poderá figurar como responsable de varios nenos ou nenas. Estes datos serán destruídos 15 días despois da realización da actividade en atención ao protocolo anti-COVID.

As actividades levaranse a cabo aínda que non se complete o grupo. Ninguén se incorporará ao grupo coas actividades comezadas.

Duración dos talleres: os talleres durarán 45´.

Ningún neno ou nena pode abandonar A Casa dos Xoguetes se non é recollido pola persoa adulta responsable de referencia.

Venres de decembro de 18.00 a 18.45 h

Obradoiro de trasnos

A diversión que ofrece a un neno ou nena construír o seu propio xoguete e dobre. Por un lado o proceso creativo que implica a súa construción e despois á hora de divertirse e xogar con el. A enerxía que se emprega na actividade fai que ese xoguete sexa único. A partir de materias de refugallo terán a oportunidade de facer un xogo de memoria, ou unha ra come moscas,...

Sábados de decembro de 18.00 a 18.45 h

Decorando o Nadal

Neste taller os nenos e nenas aprenderán a facer os seus adornos de Nadal a partir de materiais de refugallo e elementos naturais. Así por exemplo, un rolo de papel hixiénico pode converterse nun simpático Papá Noel, unha piña nunha orixinal árbore de Nadal ou un envoltorio usado nunha sinxela bola decorativa.

Domingos de decembro de 12.00 a 12.45 h

O envoltorio é o agasallo

O importante non é o agasallo, é o tempo que te tomas en pensar na persoa que o vai recibir. Os detalles son importantes, como o envoltorio que o vai lucir. Pode ser do máis orixinal e persoal aproveitando materias que temos por casa.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión