Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de ESO, bacharelato e ciclos formativos
Obxectivos:
Coñecer cales son e en que consisten os elementos mínimos e obrigatorios da etiquetaxe de alimentos e dos diferentes tipos de etiquetas que existen en alimentación. Analizaranse diferentes etiquetas para ver a importancia destas e comprobaranse os diferentes elementos que forman unha etiqueta.
Descrición:
As e os participantes descubrirán os contidos mínimos dunha etiqueta de produto alimentario, e despois farán varios recoñecementos de diferentes produtos, así como o deseño de posibles etiquetas coa información mínima esixida.
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos
Obxectivos:
Promover hábitos que fomenten unha alimentación equilibrada, unha dieta sa, variada e equilibrada que subministra todos os nutrientes nunha proporción adecuada, coa finalidade de conseguir unha alimentación equilibrada. Ensinarase a distinguir entre alimento e nutriente e a que coñezan as funcións de cada nutriente. Poñeranse exemplos de menús equilibrados e daranse as claves dunha alimentación sa e equilibrada. Tamén se analizará a pirámide da alimentación.
Descrición:
Actividades lúdicas arredor dos hábitos saudables en alimentación, necesidades nutricionais, tipos de nutrientes, racións diarias recomendadas...
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria
Obxectivos:
Concienciar da importancia das froitas e verduras na alimentación. Que o alumnado poida analizar se a súa dieta é equilibrada respecto ao consumo destes alimentos.
Descrición:
Realizamos diferentes actividades lúdicas para fomentar o coñecemento das froitas e a importancia de incluílas na dieta habitual e cotiá. Descubrimos que lugar ocupan na pirámide da alimentación e finalizamos o taller cunha divertida degustación de froitas de tempada.
Outros contidos relacionados
Duración: 1 h
Obxectivos:
Descrición:
Durante toda a actividade alúdese á importancia de levar unha dieta equilibrada. Analízanse as comidas diarias dos/as participantes e faise unha representación da pirámide dos alimentos cun mural e/ou mediante xogos activos de roles.
Duración:
1 hora
Descrición:
A través de dinámicas de traballo en pequenos grupos damos a coñecer os alimentos funcionais, como poden axudar a suplir carencias nutricionais, así como posibles excesos.
Idade recomendada:
Alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos
Coñecer este tipo de alimentos, as súas características, a súa orixe, a súa etiquetaxe e o marco legal. Tamén se analizarán as súas posibles vantaxes de forma que poidan valoralos no consumo habitual da súa dieta. Nos últimos anos, o interese da cidadanía por coñecer a relación entre dieta e saúde foi en aumento e fomentou o uso deste tipo de alimentos.
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado Educación Primaria e ESO
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos necesarios para realizar unha compra responsable de produtos de alimentación. Aprender a realizar un menú para unha dieta equilibrada considerando valores nutricionais, data de caducidade, a necesidade ou o prezo.
Descrición:
Traballaremos no deseño de listas da compra responsables, menús equilibrados... conxugando criterios ecolóxicos, económicos, nutricionais...
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de educación primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos
Obxectivos:
Adquirir hábitos para evitar o malgasto alimentario, sensibilizando e concienciando o alumnado na importancia de adquirir boas rutinas. Analizaranse as causas do malgasto alimentario, relacionadas coa perda de valor ambiental, cultural e económico dos alimentos.
Descrición:
A través de diferentes dinámicas de autoanálise faremos conscientes as e os participantes do grao de malgasto alimentario que fan día a día, para despois, axudándonos de exercicios creativos, buscar solucións prácticas que contribúan a reducir e mesmo evitar tal malgasto.
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos
Obxectivos:
Coñecer os produtos ecolóxicos e formar unha opinión obxectiva destes mediante a realización dunha análise comparativa. Traballaremos as bases dunha alimentación saudable, con pautas que nos permitan organizar o consumo de alimentos completos, sans e económicos.
Descrición:
A través de xogos e dinámicas damos a coñecer que produtos poden ser considerados ecolóxicos e baixo que criterios, achegándonos incluso de forma simple e esquemática á súa certificación.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible