Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos
Obxectivos:
Coñecer as redes sociais como instrumento de comunicación e interacción. Evitar as ameazas e os riscos debidos ao mal uso destas. Como persoas consumidoras das redes sociais, o alumnado debe adquirir hábitos para un uso responsable delas. Analizaremos tamén o ciberacoso e o "grooming".
Descrición:
Neste taller faise unha análise do uso cotián que fan as alumnas e os alumnos das redes sociais e das medidas de protección que toman ou deberían tomar. Incidimos no uso responsable das redes sociais e sobre todo como garantir a súa privacidade.
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de educación primaria, ESO, bacharelato e ciclos formativos
Obxectivos:
Achegarlle ao alumnado unha análise dos produtos que poden mercar vía Internet. Analizar os puntos de venda dos produtos. Distinguir os sitios seguros dos que non o son. Analizar as técnicas de mercadotecnia que utiliza Internet para a venda de produtos. Comparar as distintas formas de pago dun produto e analizar as vantaxes e desvantaxes de cada unha delas.
Descrición:
Neste taller mostramos as múltiples posibilidades de compra que temos por internet, incidindo naqueles criterios de seguridade e fiabilidade que debemos ter en conta para facer unha compra satisfactoria.
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora
Idade recomendada:
Alumnado de ESO, Bacharelato e ciclos formativos
Obxectivos:
Coñecer as posibilidades que ofrece Internet para acceder a información, para o entretemento, a comunicación e mesmo a compra de calquera produto, e as dificultades e desvantaxes: o acceso a contidos ilegais, o illamento social como consecuencia dun uso abusivo deste medio, a posibilidade de ser vítimas dos chamados delitos informáticos etc. Adoptar hábitos que lle ensinen ao alumnado a evitar os posibles perigos. Unha elevada porcentaxe destas redes son instaladas sen ter en consideración a seguridade, e convértense en redes abertas, sen protexer a información que por elas circulan.
Descrición:
Ofrecemos información relevante sobre os protocolos mínimos para que a nosa conexión a redes de Internet e a nosa navegación sexan seguras e que manteñan a privacidade.
Outros contidos relacionados
Duración:
1 hora.
Idade recomendada:
Alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
Obxectivos:
Descrición:
Os dispositivos móbiles forman parte da nosa vida e nola facilitan en multitude de ocasións. Pero cando imos a mercar non sabemos moi ben que características ten que ter para poder sacarlle a maior rendibilidade posible segundo o uso que lle deamos. Estes contidos serán tratados nesta
sesión, analizando as características tecnolóxicas existentes, que significan, para que valen, etc. Proporcionando unha información completa que nos facilite o consumo.
Outros contidos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible