Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Programa do bono nova oportunidade das persoas autónomas (concorrencia non competitiva) (TR341T)

Concesión de axudas económicas para a nova oportunidade das persoas autónomas.

A quen vai dirixido?:

As persoas que se dean de alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2020 e cesaran con anterioridade na súa actividade por causas económicas, e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que o cese da actividade se producira con 6 meses de antelación polo menos
  • Que teña cotizado anteriormente no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional
  • Estar inscrito como demandante de emprego, carecer de ocupación segundo informe de vida laboral e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade
  • Realizar formación de 70 horas, mínimo, sobre formación xerencial, xestión comercial ou financeira, márketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender.

Cando:

Dende o 19/02/2020 ata o 30/09/2020

Inscricións:

Dende o 19/02/2020 ata o 30/09/2020

Remuneración / Dotación:

  • Bono apoio: 6.000 euros para as persoas que estiveran inscritas como demandantes de emprego antes da data de solicitude ou da data de alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional
  • Bono formación: ata 6.000 euros para realizar un mínimo de 70 horas sobre formación xerencial, xestión comercial ou financeira, márketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender (a formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada no prazo comprendido de 3 meses antes da alta ata o 31 de outubro de 2020)

Esta axuda é compatible coas de promoción do emprego autónomo e coa de promoción do autoemprego das persoas galegas retornadas

Páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200218/AnuncioG0424-120220-0001_es.pdf

Organizador:

Xunta de Galicia

Localización

Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio). Plaza Papagaio, s/n, 15002, A Coruña.

Teléfono: 981 184 399

Fax: 981 184 398

Correo electrónico: empresa@coruna.es

Máis información: https://www.facebook.com/emprendementocoruna

Preguntas frecuentes

Que é un espazo de coworking?

O coworking é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver os seus proxectos profesionais de maneira independente, á vez que fomentan proxectos conxuntos.

Que tipo de empresas poden optar a este espazo?

  • Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito da investigación, a tecnoloxía, e/ou a innovación.
  • Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como máximo dous anos desde a data da súa alta censual e que, comezando a súa actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados coa tecnoloxía, investigación e innovación.
  • Usuarios puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do centro.

Que servizos inclúe?

  • Espazos de traballo compostos dunha mesa ampla de traballo, unha caixoneira e un despacho de billetes.
  • Acceso gratuíto a internet.
  • Servizos de apoio ao emprendemento e á empresa, entre os que destaca asesoramento, actividades formativas e de mentorización, organización de actividades e eventos relacionados coa creación de novas empresas, a innovación e as tics.
  • Espazos comúns: salas de reunións, cómodos espazos de descanso, e unha zona versátil onde se pode levar a cabo a presentación dun produto, encontros, reunións ou exposicións ou calquera outra actividade .
  • Servizos comúns tales como conserxería, administración, medios audiovisuais, reprografía e máquinas expendedoras.

 

Como podo acceder?

Con certificado dixital:

Presentar a instancia xeral do Concello xunto coa solicitude de espazos Accede Papagaio e a documentación que corresponda a través da sede electrónica do Concello.

Sen certificado dixital:

Presentar a instancia xeral nunha oficina de Rexistro do Concello da Coruña xunto coa solicitude de espazos en Accede Papagaio e a documentación que corresponda.

Cales son as tarifas?

Utilización e aproveitamento de 66 postos nos espazos compartidos do centro, polas persoas ou empresas que resulten adxudicatarias conforme ás normas e procedementos establecidos na normativa reguladora do centro. O importe mensual será o seguinte:

Cadro de tarifas:

PREINCUBADORA DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, o custo/mes:

Seis primeiros meses

Gratuíto

Do sétimo ao duodécimo mes, inclusive, as tarifas serán as que seguen:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

60,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

70,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as dun mesmo proxecto

80,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as dun mesmo proxecto

90,00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as dun mesmo proxecto

100,00 €

INCUBADORA DE EMPRESAS, o custo/mes:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

108,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

128,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as para un mesmo proxecto

138,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as para un mesmo proxecto

148.00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as para un mesmo proxecto

158.00 €

Para o caso de usos puntuais das salas de reunións, salón de actos (sala conecta), espazos de formación, e postos compartidos por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas virán determinadas en función do tempo de utilización da seguinte maneira:

OCUPACIÓNS PUNTUAIS

Xornada completa

Media xornada

Por horas

Salas reunión tipo A (grande), custo/día

60,00 €

30,00 €

10,00 €

Salas reunión tipo B (pequena), custo/ día

50,00 €

22,00 €

8,00 €

Salón de actos (sala conecta), custo/día

120,00 €

60,00 €

15,00 €

Espazos de formación (mesa onda e sala de formación), custo/día

100,00 €

50,00 €

12,00 €

Custo dun módulo mes

150 €

-------

--------

Custo dun módulo semana

60 €

-------

------

Custo dun módulo día

35 €

20 €

----

Custo dun módulo hora

------

------

10 €

Cal é o horario?

O horario de acceso ás persoas usuarias do ACCEDE Papagaio será de 8.00 horas a 22.00 horas ininterrompido de luns a venres, e sábados de 8.00 a 15.00 horas, excepto festivos.

O horario de administración será de 8.00 horas a 15.00 horas.

O horario de conserxería será de 14.00 horas a 22.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión