Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa "Emprega discapacidade e exclusión" de incentivos á contratación, formación e emprego con apoio

Axudas para favorecer a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social

A quen vai dirixido?:

As persoas empleadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopen, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica.No caso do bono de emprego con apoio, poderán ser beneficiarias as asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/01/2020 ata o 30/09/2020

Para as contratacións ou as transformacións de contratos temporais en indefinidos realizadas entre o 1/10/2019 e o 7/1/2020: desde o 8/1/2020 ata o 9/3/2020.

Para as contratacións ou as transformacións de contratos temporais en indefinidos realizadas entre o 8/1/2020 e o 30/9/2020: ata o último día do 2º mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral, e en todo caso, ata o 30/9/2020.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 08/01/2020 ata o 30/09/2020

Páxina web:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR342A&ano=2020&numpub=1&lang=gl

Organiza:

Xunta de Galicia

Inclúense tres tipos de axudas compatibles:

- Bono de contratación: subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

- Bono de formación: dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal mínima de 6 meses, beneficiarias do bono de contratación, para levar a cabo acciones formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo

- Bono de emprego con apoio: para financiar os custos laborais e de Seguridade Social derivados da contratación de preparadores/as laborais. (TAMÉN SUBVENCIONA cando a persoa empleadora sexa unha persoa traballadora autónoma e contrate a un fillo/a menor de 30 anos, tanto se convive ou non con ela ou cando se trate dunha persoa traballadora autónoma sen persoas asalariadas e contrate a un só familiar menor de 45 anos que non conviva no seu fogar nin estea ao seu cargo).

CONTÍA:

Por contratación:

- Por contratacións indefinidas inciales: 16000 €

- Por contratacións temporais de duración mínima inicial de 3 meses: 2.000€; 6 meses: 4.000€; 12 meses: 8.000€

Polas contratacións indefinidas ou temporais, incremento en 25% acumulables entre si:

  • se a persoa contratada é unha muller
  • se a persoa contratada é maior de 45 anos
  • se a persoa contratada é emigrante retornada
  • se a persoa contratada é trans
  • se o centro de traballo ou o domicilio fiscal, en caso de carecer deste, está situado nun concello rural
  • se é unha empresa con máis de 50 traballadores/as e unha taxa estabilidade igual ou superior ao 70%
  • se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos

As contías da subvención por contratacións indefinidas ou temporais incrementaranse en 1.000€ por adaptación dos postos de traballo ou pola dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou por eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade

Pola transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo: 6.000€

Por formación:

  • por contratacións indefinidas inciales: 4.000€
  • por contratacións temporais de duración mínima inicial de 6 meses: 2.000€

(Exclúese deste tipo de axuda a formación a distancia e a teleformación e as contratacións temporais inferiores a 6 meses. A acción formativa terá que estar finalizada o 30/11/2020. Para as contratacións realizadas entre o 1/10/2019 e o 7/1/2020 a acción formativa levará a cabo ata o 7/4/2020)

Localización

Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio). Plaza Papagaio, s/n, 15002, A Coruña.

Teléfono: 981 189 887

Correo electrónico: empresa@coruna.gal

Máis información: https://www.facebook.com/emprendementocoruna

Preguntas frecuentes

Que é un espazo de coworking?

O coworking é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver os seus proxectos profesionais de maneira independente, á vez que fomentan proxectos conxuntos.

Que tipo de empresas poden optar a este espazo?

  • Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito da investigación, a tecnoloxía, e/ou a innovación.
  • Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como máximo dous anos desde a data da súa alta censual e que, comezando a súa actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados coa tecnoloxía, investigación e innovación.
  • Usuarios puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do centro.

Que servizos inclúe?

  • Espazos de traballo compostos dunha mesa ampla de traballo, unha caixoneira e un despacho de billetes.
  • Acceso gratuíto a internet.
  • Servizos de apoio ao emprendemento e á empresa, entre os que destaca asesoramento, actividades formativas e de mentorización, organización de actividades e eventos relacionados coa creación de novas empresas, a innovación e as tics.
  • Espazos comúns: salas de reunións, cómodos espazos de descanso, e unha zona versátil onde se pode levar a cabo a presentación dun produto, encontros, reunións ou exposicións ou calquera outra actividade .
  • Servizos comúns tales como conserxería, administración, medios audiovisuais, reprografía e máquinas expendedoras.

 

Como podo acceder?

Con certificado dixital:

Presentar a instancia xeral do Concello xunto coa solicitude de espazos Accede Papagaio e a documentación que corresponda a través da sede electrónica do Concello.

Sen certificado dixital:

Presentar a instancia xeral nunha oficina de Rexistro do Concello da Coruña xunto coa solicitude de espazos en Accede Papagaio e a documentación que corresponda.

  • Protocolo de información do ACCEDE Papagaio (1 MB)
  • Protocolo de acollida ao ACCEDE Papagaio (2 MB)
  • Bases polas que se rexe o proceso de admisión ACCEDE Papagaio (110 KB)
  • Solicitude de espazo ACCEDE Papagaio (133 KB)
  • Anexo I, Plan de empresa (273 KB)
  • Ampliación Anexo I, Plan de empresa detallado (584 KB)
  • Anexo II, criterios de valoración (282 KB)
  • Bases ACCEDE-Xa (1 MB)

Cales son as tarifas?

Utilización e aproveitamento de 66 postos nos espazos compartidos do centro, polas persoas ou empresas que resulten adxudicatarias conforme ás normas e procedementos establecidos na normativa reguladora do centro. O importe mensual será o seguinte:

Cadro de tarifas:

PREINCUBADORA DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, o custo/mes:

Seis primeiros meses

Gratuíto

Do sétimo ao duodécimo mes, inclusive, as tarifas serán as que seguen:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

60,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

70,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as dun mesmo proxecto

80,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as dun mesmo proxecto

90,00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as dun mesmo proxecto

100,00 €

INCUBADORA DE EMPRESAS, o custo/mes:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

108,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

128,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as para un mesmo proxecto

138,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as para un mesmo proxecto

148.00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as para un mesmo proxecto

158.00 €

Para o caso de usos puntuais das salas de reunións, salón de actos (sala conecta), espazos de formación, e postos compartidos por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas virán determinadas en función do tempo de utilización da seguinte maneira:

OCUPACIÓNS PUNTUAIS

Xornada completa

Media xornada

Por horas

Salas reunión tipo A (grande), custo/día

60,00 €

30,00 €

10,00 €

Salas reunión tipo B (pequena), custo/ día

50,00 €

22,00 €

8,00 €

Salón de actos (sala conecta), custo/día

120,00 €

60,00 €

15,00 €

Espazos de formación (mesa onda e sala de formación), custo/día

100,00 €

50,00 €

12,00 €

Custo dun módulo mes

150 €

-------

--------

Custo dun módulo semana

60 €

-------

------

Custo dun módulo día

35 €

20 €

----

Custo dun módulo hora

------

------

10 €

  • Ordenanza fiscal ACCEDE Papagaio (146 KB)

Cal é o horario?

O horario de acceso ás persoas usuarias do ACCEDE Papagaio será de 08.00 horas a 20.00 horas ininterrompido de luns a venres, excepto festivos.

O horario de administración será de 08.00 horas a 15.00 horas.

O horario de conserxaría será de 08.00 horas a 20.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión