Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Programa "Emprega xuventude" de incentivos á contratación e formación de persoas novas

Axudas para facilitar a inserción laboral das persoas novas menores de 30 anos desempregadas.

A quen vai dirixido?:

As persoas empleadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopen, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica.

Cando:

Dende o 08/01/2020 ata o 30/09/2020

Inscricións:

Axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

Horario:

Desde o 8 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2020

  • Para as contratacións realizadas entre o 1/10/2019 e o 7/1/2020: desde o 8/1/2020 ata o 9/3/2020
  • Para as contratacións realizadas entre o 8/1/2020 e o 30/9/2020: ata o último día do 2º mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral, e en todo caso, ata o 30/9/2020

Remuneración / Dotación:

Por contratación:

  • Por contratacións indefinidas inciales: 6000 €
  • Por contratacións temporais de duración mínima inicial de 12 meses: 3000 €
    • Incremento en 25% acumulables entre si:
      • Se é unha empresa con máis de 50 traballadores/as e unha taxa estabilidade igual ou superior ao 70%
      • Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos

Por formación:

  • Por contratacións indefinidas inciales: 4000 €
  • Por contratacións temporais de duración mínima inicial de 12 meses: 2000 €
    • (Exclúese deste tipo de axuda a formación a distancia e a teleformación. A acción formativa terá lugar dentro dos 3 primeiros meses desde o inicio do contrato, e terá que estar finalizada o 30/11/2020. Para as contratacións realizadas entre o 1/10/2019 e o 7/1/2020 a acción formativa levará a cabo ata o 7/4/2020)

Páxina web:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349T&ano=2020&numpub=1&lang=gl

Organizador:

Xunta de Galicia

Localización

Centro Municipal de Empresas (Accede Papagaio). Plaza Papagaio, s/n, 15002, A Coruña.

Teléfono: 981 184 399

Fax: 981 184 398

Correo electrónico: empresa@coruna.es

Máis información: https://www.facebook.com/emprendementocoruna

Preguntas frecuentes

Que é un espazo de coworking?

O coworking é unha forma de traballo que permite a profesionais independentes, emprendedores e pemes de diferentes sectores, compartir un mesmo espazo de traballo, tanto físico como virtual, para desenvolver os seus proxectos profesionais de maneira independente, á vez que fomentan proxectos conxuntos.

Que tipo de empresas poden optar a este espazo?

  • Persoas emprendedoras, aquelas que estean a traballar nunha idea/proxecto e vaian crear unha empresa relacionada, preferentemente, co ámbito da investigación, a tecnoloxía, e/ou a innovación.
  • Novas empresas, aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como máximo dous anos desde a data da súa alta censual e que, comezando a súa actividade empresarial, precisen dun apoio especial para mellorar as súas expectativas de supervivencia, priorizando a súa pertenza a sectores relacionados coa tecnoloxía, investigación e innovación.
  • Usuarios puntuais: aquelas persoas físicas ou xurídicas que, con carácter esporádico e puntual, soliciten a utilización das instalacións e/ou servizos do centro.

Que servizos inclúe?

  • Espazos de traballo compostos dunha mesa ampla de traballo, unha caixoneira e un despacho de billetes.
  • Acceso gratuíto a internet.
  • Servizos de apoio ao emprendemento e á empresa, entre os que destaca asesoramento, actividades formativas e de mentorización, organización de actividades e eventos relacionados coa creación de novas empresas, a innovación e as tics.
  • Espazos comúns: salas de reunións, cómodos espazos de descanso, e unha zona versátil onde se pode levar a cabo a presentación dun produto, encontros, reunións ou exposicións ou calquera outra actividade .
  • Servizos comúns tales como conserxería, administración, medios audiovisuais, reprografía e máquinas expendedoras.

 

Como podo acceder?

Con certificado dixital:

Presentar a instancia xeral do Concello xunto coa solicitude de espazos Accede Papagaio e a documentación que corresponda a través da sede electrónica do Concello.

Sen certificado dixital:

Presentar a instancia xeral nunha oficina de Rexistro do Concello da Coruña xunto coa solicitude de espazos en Accede Papagaio e a documentación que corresponda.

Cales son as tarifas?

Utilización e aproveitamento de 66 postos nos espazos compartidos do centro, polas persoas ou empresas que resulten adxudicatarias conforme ás normas e procedementos establecidos na normativa reguladora do centro. O importe mensual será o seguinte:

Cadro de tarifas:

PREINCUBADORA DE PROXECTOS EMPRESARIAIS, o custo/mes:

Seis primeiros meses

Gratuíto

Do sétimo ao duodécimo mes, inclusive, as tarifas serán as que seguen:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

60,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

70,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as dun mesmo proxecto

80,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as dun mesmo proxecto

90,00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as dun mesmo proxecto

100,00 €

INCUBADORA DE EMPRESAS, o custo/mes:

Localización en 1 módulo de 1 promotor/a para un mesmo proxecto

108,00 €

Localización en 2 módulos de 2 promotores/as para un mesmo proxecto

128,00 €

Localización en 3 módulos de 3 promotores/as para un mesmo proxecto

138,00 €

Localización en 4 módulos de 4 promotores/as para un mesmo proxecto

148.00 €

Localización en 5 módulos de 5 promotores/as para un mesmo proxecto

158.00 €

Para o caso de usos puntuais das salas de reunións, salón de actos (sala conecta), espazos de formación, e postos compartidos por persoa ou entidade distinta ás enumeradas no apartado anterior, as tarifas virán determinadas en función do tempo de utilización da seguinte maneira:

OCUPACIÓNS PUNTUAIS

Xornada completa

Media xornada

Por horas

Salas reunión tipo A (grande), custo/día

60,00 €

30,00 €

10,00 €

Salas reunión tipo B (pequena), custo/ día

50,00 €

22,00 €

8,00 €

Salón de actos (sala conecta), custo/día

120,00 €

60,00 €

15,00 €

Espazos de formación (mesa onda e sala de formación), custo/día

100,00 €

50,00 €

12,00 €

Custo dun módulo mes

150 €

-------

--------

Custo dun módulo semana

60 €

-------

------

Custo dun módulo día

35 €

20 €

----

Custo dun módulo hora

------

------

10 €

Cal é o horario?

O horario de acceso ás persoas usuarias do ACCEDE Papagaio será de 8.00 horas a 22.00 horas ininterrompido de luns a venres, e sábados de 8.00 a 15.00 horas, excepto festivos.

O horario de administración será de 8.00 horas a 15.00 horas.

O horario de conserxería será de 14.00 horas a 22.00 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión