Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

MedAtlantia

MedAtlantia é unha empresa de consultoría, especializada na xestión integral de proxectos complexos financiados con fondos públicos, na súa maior parte fondos da Unión Europea.

MedAtlantia é unha empresa de consultoría, especializada na xestión integral de proxectos complexos financiados con fondos públicos, no seu maior parte fondos da Unión Europea.

Somos unha cooperativa de traballo asociado, socia de EspazoCoop (Unión de Cooperativas de Galegas), integrada por dúas mulleres socias traballadoras, que se dedica á consultoría técnica especializada para a prestación de servizos e asistencia técnica na xestión integral de proxectos financiados con fondos públicos.

Desde MedAtlantia ofrecemos asesoramento para a xestión dos proxectos e o seu financiamento a través de programas públicos de axuda da Unión Europea, do Goberno español, dos Gobernos autonómicos e dos Organismos internacionais multilaterais.

Traballamos principalmente no marco de:

-Proxectos de Economía Social

-Proxectos de Economía Circular

-Proxectos Europeos

-Proxectos de Cooperación

Xestionamos todas as fases do ciclo de vida dun proxecto: identificación, planificación, deseño, desenvolvemento, procura de financiamento, creación e xestión de consorcios internacionais, coordinación, execución, seguimento, avaliación e auditoría.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión