Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Ayuntamiento de A Coruña

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

25 de abril de 2019

A cuarta edición do programa de Orzamentos Participativos, ao que se destinarán 3 millóns de euros, abre hoxe á cidadanía a fase de presentación de propostas de investimento

A concelleira Claudia Delso presentou a iniciativa, na que a veciñanza poderá facer as súas achegas até o 21 de maio a través da plataforma http://aportaaberta.coruna.es

O Concello da Coruña vén de abrir a cuarta edición do programa de Orzamentos Participativos, unha ferramenta posta en marcha no ano 2016 e que ten como finalidade favorecer a participación e decisión directa da veciñanza sobre o destino dunha parte do presuposto xeral do ano 2020. A edil Claudia Delso foi a responsable de dar a coñecer a apertura do programa, "un proceso xa consolidado neste Concello", que comeza este mesmo xoves, día 25, coa fase informativa, de debate e de presentación de achegas veciñais para a execución de proxectos de gasto. Até o 21 de maio, a cidadanía poderá presentar as súas iniciativas a través da plataforma web que sustenta o proceso, http://aportaaberta.coruna.es. Unha vez remate esta fase, abrirase de seguido a de apoios, de xeito que cada veciña ou veciño poida referendar as iniciativas que máis lle convenzan. Tras unha fase de avaliación as propostas priorizadas pola cidadanía, que se levará a cabo no verán por parte dos servizos municipais, terá lugar a votación final. As iniciativas propostas e elixidas pola veciñanza que recaden un maior número de votos incorporaranse ao proxecto inicial de orzamentos do goberno local para o seguinte exercicio.   

En total, nesta edición o Concello destinará 3 millóns de euros para proxectos de investimentos, dos cales 1 millón será para iniciativas que se dirixan ao conxunto da cidade, mentres que os outros 2 millóns repartiranse, equitativamente, entre os 10 distritos que conforman o termo municipal --200.000 euros para cada un deles--.

Nos Orzamentos Participativos poden participar todas aquelas persoas empadroadas na Coruña, maiores de 16 anos. O proceso realizarase a través da plataforma A Porta Aberta, na que deberán verificar a súa conta de usuaria. Todas aquelas persoas que xa participaron en procesos anteriores non terán que facer este paso e, no caso de ter algún problema durante o acceso, poderán chamar ao teléfono de atención gratuíta 010. Precisamente este servizo, así como o persoal de bibliotecas municipais, centros cívicos, Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) e a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana ofrecerán soporte e asesoramento a todas aquelas persoas que teñan necesidade do mesmo, "co obxectivo de garantir a participación cidadá, de xeito sinxelo, no proceso", apuntou a responsable municipal.

Encontros presenciais

De cara a conseguir que a participación "teña o carácter máis inclusivo posible", segundo apuntou Delso, o Concello organizará cinco encontros de debate presenciais en diferentes equipamentos municipais. Estas propostas terán lugar o 7 de maio no centro cívico de Labañou  (18.30 horas), 8 de maio no centro cívico de Monte Alto (19.00 horas), 9 de maio no TEU Ribeira Sacra 17 (18.30 horas), 13 de maio no centro cívico dos Mallos (18.45 horas) e o 14 de maio no centro cívico do Castrillón (18.30 horas). Ademais, como é habitual no programa de Orzamentos Participativos, celebraranse dous eventos en rúa, que serán os sábados 4 e 11 de maio, na praza de Lugo e no Obelisco respectivamente, en horario de 17.00 a 21.00 horas.

Todas as entidades veciñais, sociais e culturais da cidade poderán organizar, se así o desexan, os seus propios encontros. Neste caso, tal e como expuxo Delso, a Concellería de Participación ofrecerá á entidade organizadora formación e documentación coa metodoloxía necesaria para facilitar o seu desenvolvemento e colaborará coa difusión do encontro. "Como é  habitual, realizaremos tamén dous encontros informativos coas entidades do REMAC que recibirán o kit de participación e a Guía básica para que organicen os seus propios debates", apuntou a edil.

Presentación de propostas

Desde hoxe e até o 21 de maio a veciñanza poderá facer as súas propostas que, para ser válidas, deberán cumprir cunha serie de requisitos, tales como ser un investimento --cunha duración superior a un ano, que se poida inventariar e que non sexa un gasto previsible reiterativo--, de competencia municipal, ser legal e viable tecnicamente, e que o seu custo non supere o importe máximo dun millón de euros nas propostas xerais de cidade. No caso das propostas de distrito, se unha supera o máximo asignado de 200.000 euros, reclasificarase como proposta global.

Así, a veciñanza poderá facer as súas achegas vinculadas a eidos como a educación, coñecemento, deportes, promoción social, mobilidade, tráfico e transporte, medio ambiente, infraestruturas, economía social, turismo, igualdade ou turismo, entre outras áreas. En anteriores edicións, propostas como a ampliación do arborado, carril bici e beirarrúas; a implantación de novos aparcadoiros de bicicletas, máquinas de exercicios biosaudables ou bolardos; a creación de hortas urbanas ou a elevacións de pasos peonís foron algunhas das iniciativas que se executaron. A día de hoxe, a veciñanza pode consultar no web http://aportaaberta.coruna.es o estado de execución das iniciativas gañadoras nas anteriores edicións do programa de Orzamentos Participativos.

O servizo de atención cidadá 010 centralizará a atención telefónica para a resolución de problemas de rexistro e acceso á plataforma no seu horario habitual, de luns a sábado, de 08.30 a 20.30 horas. Para máis información, pódese visitar a plataforma A Porta Aberta ou o web da propia Concellería, www.coruna.gal/participacion.

Documentos:

Orzamentos Participativos 2019 (9 MB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión