Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2019

A Sala O Túnel acolle este venres unha nova edición do Festival Solidario Coruña en Directo

A iniciativa, nesta ocasión a prol da ONG Aire, contará coa participación de oito grupos residentes nos Locais de Ensaio Municipais

Os Locais de Ensaio Municipais organizan o próximo venres, 26 de abril, o XV Festival Solidario Coruña en Directo. A proposta, de carácter semestral, busca dar a coñecer as bandas noveis da cidade a través dun maratón musical que, á vez, vén motivado como unha acción solidaria, xa que a entrada ou os beneficios da mesma se destinan, en cada ocasión, a unha entidade social da cidade. Nesta 15ª edición, que terá lugar na sala O Túnel, situada no Coliseum, o cartel de Coruña en Directo contará con oito dos grupos residentes nos Locais de Ensaio --dependentes da área de Participación e Innovación Democrática--, que se atopan no mesmo recinto: Atacama, Crimson and Clover, Nordés, Planeta fugaz, Saint Crown, Shock, Theta waves e Wetsoks. O evento, que comezará ás 19.00 horas, durará cinco horas e ofrecerá ao público diversos estilos musicais, como son o indie, metal, rock clásico, garage ou punk.

En total subiranse ao escenario 32 mozos e mozas, que apoiarán coa súa música o labor da ONG A.I.R.E., xa que para poder acceder ao festival o público deberá adquirir, no acceso á sala o propio venres 26, unha caixa de Tiriñas Máxicas que comercializa esta entidade afincada na cidade para costear o apoio humanitario que leva a cabo en campos de persoas refuxiadas en Grecia ou no Sáhara. O prezo da caixa é de 2 euros.

Documentos:

Cartaz XV Festival Solidario Coruña en Directo (6 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión