Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Antenas de Información xuvenil

Aberto o prazo para a selección de antenas de información xuvenil en centros educativos

A quen vai dirixido?:

Persoas matriculadas en IES, CIFP,  Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música e nos centros concertados con ESO e Bacharelato da cidade.

Cando:

Dende o 09/10/2019 ata o 25/10/2019

Este evento xa rematou

Enderezo:

Centro Municipal de Información Xuvenil - CMIX. Rúa Río Monelos (Fórum Metropolitano) 1. 15006 A Coruña

Páxina web:

www.coruna.gal/cmix

Organizador:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

Contacto:

Centro de Información Xuvenil

981.18.42.94 | cmix@coruna.es

A Concellaría de Igualdade, Benestar Social  e Participación, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil,  pon en marcha o programa de acción voluntaria "Antenas de informacion  Xuvenil" para o cuso 2019-2020

As antenas son unha rede de difusión de información de interese xuvenil en centros educativos públicos (IES, CIFP,  Escola Oficial de Idiomas, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música)  e nos centros concertados con ESO e Bacharelato da cidade.

Esta rede estará coordinada polo CMIX e polo alumnado matriculado nos centros onde se desenvolve o programa, e as/os interesadas/os en realizar esta labor poderán  presentar a súa solicitude até o 25 de outubro ás 20:00 horas.

Ás antenas seleccionadas ofreceránselles entradas a eventos organizados polo Concello da Coruña, recibirán os carnés de mocidade (Carné Xove, Alberguista, etc)  e formación en materia de información xuvenil.

Toda a información sobre o programa poderase obter no CMIX, situado no Fórum Metropolitano, chamando ao 981.18.42.94, ou na páxina web www.coruna.gal/cmix

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión