Concello da Coruña

Concello da Coruña

biblioTECH: taller de MINECRAFT

Constrúe, crea e dá renda solta á túa imaxinación!!!

A quen vai dirixido?:

De 9 a 15 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Xuvenil

Cando:

Os días 07/09/2019 ás 11:30 , 14/09/2019 ás 11:30 , 21/09/2019 ás 11:30 , 28/09/2019 ás 11:30

Taller desenvolvido os sábados de setembro, de 11:30 a 13:30 h

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 31/08/2019 ata o 07/09/2019

Require unha única inscrición para todos os días.

Horario:

De 11.30 a 13.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

binfantil@coruna.es

Tel.: 981 184 388

Minecraft é un xogo de aventuras, exploración e creatividade no que, desde unha perspectiva en primeira persoa, teremos que sobrevivir nun mundo composto por bloques -similares aos de Lego- que poderemos manexar ao noso antollo.

O único límite que temos é a imaxinación e, a pouco que comecemos a crear, darémonos conta de que as posibilidades á nosa disposición son practicamente infinitas.

Pero Minecraft non só serve para xogar. Grazas á creación de complementos, o xogo pódese converter nunha ferramenta de aprendizaxe de gran valor. Poderás xogar ao Minecraft ao mesmo tempo que aprendes electricidade, domótica, programación ou conceptos sobre redes informáticas.

Con Minecraft desenvolvemos ademais competencias como: a creatividade; diferentes maneiras de resolver un problema; competencias sociais; empatía, se se xoga en equipo; pensamento estratéxico (sabendo o que se quere, búscase a forma de conseguilo); visión espacial; e desde logo desenvólvese o «Fun Failure», pérdese o medo para fallar, porque forma parte do propio xogo.

Anímaste a sobrevivir no mundo Minecraft?

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión