Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Convocatoria de subvencións ás entidades veciñais

Convocatoria para entidades veciñais da Coruña

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 09/06/2020 hasta el 08/07/2020

Ya ha finalizado

Dirección:

Carretera . A Coruña

Organiza:

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

Servizo Municipal de Participación

Contacto:

particpacion@coruna.es

Documentos:

2020 Convocatoria de subvencións a entidades veciñais para GASTOS (490 KB)

2020 Convocatoria de subvencións a entidades veciñais para ACTIVIDADES (499 KB)

A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá ten a vontade de prestar todo o seu apoio ao asociacionismo veciñal, por consideralo un dos instrumentos máis importantes que garanten a participación colectiva da cidadanía, e contribúen á construción colectiva da nosa cidade. Polo tanto, a través destas axudas económicas préstase apoio económico para axudar ao seu funcionamento, subvencionando os gastos xerais das asociacións veciñais da Coruña que carecen dun local propio ou en réximen de cesión gratuita, e apoiase economicamente a realización de proxectos, programas e actividades que promovan a dinamización das asociacións veciñais da Coruña e que as manteñan como instrumentos activos e canalizadores de participación.

Extracto das bases:

A | OBXECTOS E FINALIDADES DAS CONVOCATORIAS 

É obxecto destas convocatorias outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, en dúas modalidades:

- Convocatoria para gastos de funcionamento

- Convocatoria para programas, proxectos e/ou actividades

B | SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR

As solicitudes de subvención poden presentarse na sede electrónica, no Rexistro Xeral do Concello, nos rexistros auxiliares ou por calquera medio previsto no art. 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Xunto coa solicitude deberán achegarse os impresos de solicitude debidamente cubertos. Cando o importe da subvención proposto na resolución provisional sexa inferior ao que figura na solicitude presentada, poderase reformular a solicitude.

Acceso directo á sede electrónica municipal para:

- Convocatoria de subvenciones para gastos generales

-  Convocatoria para proyectos y actividades

C | PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo para presentar estas solicitudes será dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, sendo este prazo do 9 de xuño ao 8 de xullo de 2020 

>> Consulta as bases para ambas convocatorias nos documentos de descarga.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión