Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de novembro de 2018

O Concello amplía a Escola de Participación pola "alta demanda da veciñanza" de acceso aos seus obradoiros

Claudia Delso salienta “a boa acollida” da cidadanía e entidades da primeira convocatoria da proposta. A edil visitou onte o desenvolvemento do taller ‘Curso básico de subvencións’ no EIX

A Concellería de Participación e Innovación Democrática vén de ampliar as posibilidades de cursar obradoiros e talleres da Escola de Participación, posta en marcha o pasado mes de outubro co obxectivo de ofrecer ferramentas e coñecementos a entidades sen ánimo de lucro, colectivos informais e veciñanza en xeral para o desenvolvemento de proxectos.

O programa, impulsado pola área que dirixe Claudia Delso, recibiu, tal e como fai constar a edil, "unha alta demanda por parte da cidadanía", polo que, "de cara a facilitar unha maior participación da veciñanza", este mes de novembro ofrecerase a posibilidade de realizar no Fórum Metropolitano dúas novas edicións dos talleres que foron máis solicitados na primeira convocatoria, como son o Curso básico de subvencións e Curso de implantación de medidas de igualdade de xénero nas entidades non lucrativas. "A boa acollida desta primeira edición da Escola, así como a incorporación de dous novos talleres, referenda a aposta do goberno por facilitar o acceso da veciñanza á formación continua así como de dispor de coñecementos actualizados que lles permitan desenvolver iniciativas de seu", expón Delso, que visitou onte pola tarde no Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX) un dos talleres.

Así, o vindeiro  29 de novembro, celebrarase de 17.00 a 21.00 horas a 2ª edición do Curso básico de subvencións, no que se abordará como solicitar unha subvención ante a administración pública partindo dun suposto práctico. A inscrición, que é de balde, estará aberta no web municipal www.coruna.gal/cmix ata o día 27 de novembro. O venres 30, tamén en horario de 17.00 a 20.00 horas, terá lugar a segunda edición co Curso de implantación de medidas de igualdade de xénero nas entidades non lucrativas, cuxo obxectivo é o de dar a coñecer a lexislación neste ámbito, e avanzar nas dinámicas de funcionamento das entidades vencelladas á igualdade de xénero. A inscrición, neste caso, estará aberta ata o dia 28 de novembro. Para máis información sobre a Escola de Participación, pódese visitar a páxina web municipal www.coruna.gal/participacion.

Antenas de Información Xuvenil

Por outra banda, a concelleira participará esta tarde na reunión de formación da nova convocatoria do programa de Antenas de Información Xuvenil, que este ano contará con 33 persoas voluntarias. Na reunión, que terá lugar ás 17.00 horas no Fórum Metropolitano, as e os responsables do Centro Municipal de Información Xuvenil ofrecerán formación sobre fundamentos e principios básicos da información xuvenil así como técnicas e estratexias básicas de difusión de información, ademais de promover a relación entre as propias Antenas. Nesta edición, 23 mozas e 10 mozos levarán o seu labor voluntario de difusión informativa entre a mocidade nun total de 16 centros educativos da cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión