Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de decembro de 2018

O barrio de Matogrande acolle este sábado, 22 de decembro, un encontro 'Dillo ti' entre o goberno local e a veciñanza

A xuntanza, que comezará ás 12.00 horas, contará con servizo de tradución á lingua de signos así como outro de conciliación, aberto a toda á cidadanía

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e membros do executivo local participarán o sábado 22, a partires das 12.00 horas, nunha nova xuntanza Dillo ti, que terá lugar no Colexio Liceo La Paz, no barrio de Matogrande. O encontro, no que pode participar toda a cidadanía, é un espazo aberto ao diálogo e á conversa entre a veciñanza e o seu goberno, de xeito directo e sen intermediación. Como é habitual, o encontro contará cun servizo de tradución á lingua de signos, así como un espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á cidadanía. Así, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este obradoiro aberto poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo non será necesario realizar unha inscrición previa, pero si acudir ao equipamento escolar no horario de celebración do Dillo ti --de 12.00 a 13.30 horas--.

Desde a súa implantación, no mes de xaneiro de 2016, a nova canle de participación cidadá aberta polo executivo municipal celebrou diversos encontros nos Castros, Palavea, Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Pescaría, A Silva, Feáns, Adormideras, Labañou, Eirís, Santa Margarida, Elviña, Nostián, Zalaeta, San Pedro de Visma, O Birloque e Riazor. Para máis información sobre estas xuntanzas, pódese visitar o espazo web www.coruna.gal/conversascoalcalde así como consultar os vídeo-resumos das anteriores sesións na canle www.vimeo.com/concellocoruna.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión