Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xuño de 2018

O CMIX organiza este xoves 28 un encontro coa 'cicloviaxeira' Iria Prendes, no marco do programa 'Móvete'

Prendes, que cruzou América do Sur en bicicleta, impartirá o vindeiro 5 de xullo un obradoiro gratuíto de iniciación ao mundo das viaxes neste medio de transporte

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), promove mañá, xoves 28, un Encontro viaxeiro coa coruñesa Iria Prendes. A proposta forma parte do programa Móvete, que ten como obxectivo afondar nas oportunidades de mobilidade dispoñibles para mozas e mozos.

Prendes percorreu en bicicleta, no ano 2014, 12.000 quilómetros en América do Sur de maneira autosuficiente, 9.000 deles en solitario. Durante a súa viaxe, pasou por cinco países até chegar a Ushuaia, en Arxentina, o extremo máis austral do continente. No encontro deste xoves, que terá lugar ás 19.00 horas no auditorio do Fórum Metropolitano, a coruñesa trasladará ao público a súa experiencia como biciactivista, que se pode seguir tamén no blog www.unavidanomada.com. Ademais, Prendes impartirá o vindeiro 5 de xullo un obradoiro gratuíto de iniciación ao mundo das viaxes en bicicleta, cuxa inscrición permanecerá aberta até o 3 de xullo na páxina web do CMIX,  www.coruna.gal/cmix.

Para máis información sobre o programa Móvete e as súas actividades --nas que se inclúe o certame de fotografía Viaxarte-- pódese visitar tanto o web do CMIX como as súas instalacións no Fórum Metropolitano, ou no teléfono 981.184.294.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión