Concello da Coruña

Concello da Coruña

II Festival Sinte o Flow

festival de cultura urbana

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral

Cando:

29/06/2018

Xa rematou

Horario:

Das 12.00 ás 00.00 h

Enderezo:

Parque de Santa Margarita. Glorieta América s/n. 15005 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

xuventude@coruna.es

Plano de espazos no II Festival Cultura Urbana "Sinte o Flow" (1 MB)

A concellería de Participación e Innovación Democráticaorganiza a segunda edición do Festival Cultura Urbana: sinte o flow, unha xornada dirixida á mocidade con obradoiros, mostras e exhibicións de diferentes disciplinas artísticas e deportivas da cultura urbana tamén abertas para a veciñanza de todas as idades que queira participar. O obxectivo do festival é facilitar a participación activa en experiencias de educación non formal, vencelladas á cultura urbana, que favorezan a convivencia e a inclusión social.

A xornada, que organiza a área de Mocidade en colaboración coa asociación cultural Vella Escola, celebrarase o 29 de xuño, entre as 12.00 e as 00.00 horas, no parque de Santa Margarita.

O programa dcontará con talleres durante a mañá, que irán deixando paso ás exhibicións segundo avance a tarde. O festival, que rematará cun concerto, inclúe unha sesión de danzas urbanas, con campionatos de estilos coma o hip hop, breakdance, funky, poppin ou boogaloo por parellas, denominada All styles battle 2vs2, que terá lugar entre as 18.00 e as 21.00 horas, ademais dun obradoiro de breakdance, con niveis de iniciación e perfeccionamento. Haberá tamén un espazo de skatepark, con diferentes módulos conformado por ramplas, caixóns e raís, aberto para a mocidade que practique esta disciplina e no que tamén terá lugar un obradoiro (12.00). O festival contará tamén cun espazo para a práctica de parkour, que terá unha estrutura estable e segura, conformada por diferentes módulos de madeira conectados entre si e unha área para a iniciación a este deporte urbano, do que tamén está previsto un taller (12.00) para persoas principiantes e tamén de perfeccionamento.

No referente á música, a programación inclúe un obradoiro de turntablism, ás 13.00 horas, unha disciplina practicada por dj de hip hop que consiste en mover un disco de vinilo cara adiante e cara atrás sobre o prato do tocadiscos para crear un efecto parecido ao de raiar o disco (scratch) construíndo diferentes ritmos e que agora se trasladará aos mozos e mozas da cidade neste taller práctico e participativo. No obradoiro de beatbox (17.00) ensinarase á mocidade como crear música, xa sexan ritmos ou melodías, efectos ou letras de forma simultánea só cos recursos corporais, principalmente coa boca.

Nas mostras e exhibicións de cultura urbana, que están abertas a público de todas as idades, poderase ver a realización dunha pintura mural con graffiti (de 12.00 a 16.00 horas), o espectáculo de breakdance Back to the roots show (21.00) e unha mostra de flat land, ás 16.00 horas, na que se realizan movementos acrobáticos extremos cunha bicicleta de BMX.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión