Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xaneiro de 2019

O Goberno local reforzará o servizo de atención telefónica do 010 cun incremento de persoal “para seguir mellorando unha canle de comunicación coa cidadanía que acada a excelencia”

O alcalde, Xulio Ferreiro, e a concelleira Claudia Delso visitaron hoxe a sede do servizo, que recibe medio millón de chamadas ao ano

A Concellería de Participación e Innovación Democrática prepara as bases da nova licitación do contrato do servizo de atención telefónica cidadá a través do número 010 que permitirá ampliar o persoal "co obxectivo de seguir mellorando un sistema de comunicación bidireccional entre o Concello e a veciñanza, que ten unha calidade excelente". O alcalde, Xulio Ferreiro, avanzou na visita que realizou esta mañá ás instalacións do 010 xunto a concelleira da área, Claudia Delso, que o pregos que o Goberno local publicará en breve incrementan un 23,3% o orzamento destinado a ampliar a contratación, que pasará de 14 a 16 persoas, e, polo tanto, supoñen unha mellora na calidade do servizo.  

Tal e como explicou a concelleira Delso, as novas bases, que sairán en breve a contratación, reforzan o posto de control de calidade, cunha persoa máis, e tamén o posto de teleoperador. Ademais, inclúen a subrogación do persoal que xa traballa no servizo de atención telefónica e as cláusulas sociais que leva introducindo este Goberno local nos seus contratos. "O 010 é un servizo gratuíto moi valorado pola cidadanía da Coruña, case un 9 sobre 10 nas enquisas de satisfacción que se fan sobre un servizo que recibe máis de medio millón de chamadas anuais", explicou Ferreiro. O novo contrato terá unha duración de tres anos, con posibilidade de prórroga por dous máis e suporá un investimento anual de 682.638 euros, 120.000 que no actual acordo.

O servizo do 010 é considerada unha canle fundamental de comunicación entre a veciñanza e o Concello, que redunda na transparencia e na proximidade e que se caracteriza pola súa accesibilidade, tanto para as franxas de idade que non están tan familiarizadas coas novas tecnoloxías e Internet como para colectivos con diversidades a través do servizo de videointerpretación en lingua de signos. O perfil de persoa usuaria que máis emprega o 010 é unha muller maior de 50 anos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión