Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xullo de 2018

Participación presenta o novo número da revista de lecer 'Coruña Mutante', que aborda diversas propostas culturais e deportivas dirixidas á mocidade para este verán

A revista pódese atopar en bibliotecas, instalacións deportivas e centros cívicos municipais, ademais de no CMIX e en equipamentos científicos e culturais do Concello, entre outros espazos

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, dirixida por Claudia Delso, lanza esta semana o oitavo número da revista de lecer Coruña Mutante, unha proposta gratuíta que recolle, nas súas páxinas, información sobre eventos e iniciativas musicais, deportivas, artísticas ou de ocio alternativo abertas á mocidade e que terán lugar na cidade e na súa área metropolitana entre os meses de xullo e outubro.

A revista, impulsada polo programa municipal Nocturnia, achega nesta nova edición información sobre citas como o Festival Noroeste Estrella Galicia, Street Stunts, Viñetas desde o Atlántico ou Mar de Mares. A reportaxe sobre a primeira delas, que se celebrará entre o 7 e o 12 de agosto en 14 localizacións da cidade, inclúe tamén dúas entrevistas con bandas e artistas da Coruña que actuarán no festival, como son Mordem --o novo proxecto musical de Elba Fernández-- ou Wondermind. No eido deportivo, a cita con Street Stunts, o maior evento de cultura urbana de Europa e que se celebra desde mañá na Coruña, é protagonista desde número xunto ao quidditch. Este deporte alternativo é unha das propostas que ofrece habitualmente o programa Nocturnia a través de distintos obradoiros de iniciación. Como novidade, o persoal das Bibliotecas Municipais da Coruña ofrece, de cara ao verán, dezaoito recomendacións de lectura, en función da idade -- de 12 a 30 anos-- e gustos das lectoras e lectores. A literatura tamén está presente neste número a través da entrevista central, na que participa nesta ocasión o escritor coruñés Iago de la Campa que, con tan só 25 anos, ten publicados catro textos.

A cultura audiovisual e os contidos dixitais teñen tamén presenza en Coruña Mutante, que recolle un apartado específico sobre o programa Coruña Dixital así como recomendacións de series, con selo coruñés, dispoñibles. Así, a revista presenta webseries como Peter Brandon ou Galicia Crime, entre outras, ademais de do documental web Monumento, que se poden visualizar desde os teléfonos móbiles ou outros dispositivos.   

A revista Coruña Mutante é gratuíta, e pódese consultar no web www.coruna.gal/participacion ou https://issuu.com/corunamutante/docs/af_revista_8,  así como atopar en distintos espazos, como son o Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), Locais de Ensaio, bibliotecas e centros cívicos municipais, Ágora, Fórum Metropolitano, equipamentos científicos e culturais --Museos Científicos, Casas Museo, Fundación Luís Seoane ou Castelo de Santo Antón, entre outras-- ou nas propias instalacións deportivas do Concello.

Documentos:

Revista Coruña Mutante nº8 (5 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión