Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proceso participativo Naves do Metrosidero

Encontro aberto á cidadanía

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en xeral

Cando:

22/09/2018

Xa rematou

Inscricións:

Confirmación de asistencia en xuventude@coruna.es

Horario:

Ás 10.30 h

Enderezo:

Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Páxina web:

www.coruna.es/participacion

Hashtag:

#navesdometrosidero

Organiza:

Concellaría de Participación e Innovación Democrática

Contacto:

xuventude@coruna.es

O vindeiro sábado 22 de setembro, das 10.30 ás 14.00 h no Centro Cívico da Cidade Vella terá lugar o terceiro encontro do proceso participativo para definir o proxecto das Naves do Metrosidero. Gustaríanos contar con vós neste proceso para traballar conxuntamente a súa definición. 

​​Naves do Metrosidero trátase dun equipamento público diverso, plural e inclusivo para que a mocidade poida estar, coñecerse, sentirse parte, crear e desenvolver colectivos arredor dos mesmos intereses, organizar programas, proxectos e actividades etc. En base ao traballo realizado do contexto urbano nos pasados encontros, os obxectivos principais deste 3º encontro serán os de imaxinar e debater as necesidades e intereses que poidan acoller as naves, reflexionar que é necesario para levalo a cabo e construír colectivamente estes usos.

Por cuestións organizativas, agradeceríamos  que nos enviásedes un correo de confirmación de asistencia a xuventude@coruna.es

-----

O contexto dos encontros

O Concello da Coruña presentou o pasado mesde xaneiro a proposta municipal para o espazo, unha nova infraestrutura de barrio e de cidade, pero tamén de carácter metropolitano, que estará destinada á mocidade, así como o marco no que se deberá definir o proxecto, xa que debe atender ao interese xeral, ser inclusivo ou cumprir coa normativa vixente e ser administrativamente e económicamente viable, entre outros. Para que este proceso sexa aberto e participativo están previstas reunións mensuais, nas que os e as técnicos municipais traballarán coa cidadanía e persoas que poidan achegar a súa experiencia, información e coñecemento en experiencias de co-xestión e autoxestión. O proceso concluirá cun documento que recolla a proposta de usos e o plan de xestión do edificio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión