Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Participación e Innovación Democrática

Cuándo:

9 de noviembre de 2018

O centro cívico de Monte Alto acolle este sábado, 10 de novembro, un encontro ‘Dillo ti’ entre o goberno local e a veciñanza

A xuntanza, que comezará ás 12.00 horas, contará con servizo de tradución á lingua de signos así como outro de conciliación, aberto a toda á cidadanía

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e membros do executivo local participarán mañá, sábado 10, a partires das 12.00 horas, nunha nova xuntanza Dillo ti, que terá lugar no centro cívico de Monte Alto. O encontro, no que pode participar toda a cidadanía, é un espazo aberto ao diálogo e á conversa entre a veciñanza e o seu goberno, de xeito directo e sen intermediación. Como é habitual, o encontro contará cun servizo de tradución á lingua de signos, así como un espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á cidadanía. Así, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este obradoiro aberto poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo mesmo non será necesario inscribirse, pero si acudir ao equipamento municipal no horario de celebración do Dillo ti --de 12.00 a 13.30 horas--.

Trátase da segunda ocasión que o Dillo ti se celebra no barrio de Monte Alto. Desde a súa implantación, no mes de xaneiro de 2016, a nova canle de participación cidadá aberta polo executivo municipal celebrou encontros nos Castros, Palavea, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Pescaría, A Silva, Feáns, Adormideras, Labañou, Eirís, Santa Margarida, Elviña, Nostián, Zalaeta, San Pedro de Visma e O Birloque. Para máis información sobre estes encontros, pódese visitar a páxina web www.coruna.gal/conversascoalcalde así como consultar os vídeo-resumos das anteriores sesións na canle oficial do Concello en Vimeo, www.vimeo.com/concellocoruna.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?