Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Participación e Innovación Democrática

Cuándo:

30 de octubre de 2018

O espazo veciñal do Birloque acolle este sábado, 3 de novembro, un novo encontro 'Dillo ti' entre o goberno local e a veciñanza

A xuntanza, que comezará ás 12.00 horas, contará con servizo de tradución á linguaxe de signos así como outro de conciliación, aberto a toda á cidadanía

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e membros do goberno local participarán o vindeiro sábado 3, a partires das 12.00 horas, nunha nova xuntanza Dillo ti, que terá lugar no espazo veciñal do Birloque, logo do seu traslado con motivo da manifestación convocada polo cadro de persoal de Alcoa. O encontro, no que pode participar toda a cidadanía, é un espazo aberto ao diálogo e á conversa entre a veciñanza e o seu goberno, de xeito directo e sen intermediación. Como é habitual, o encontro contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos, así como un espazo de conciliación, que permite ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á cidadanía. Así, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este obradoiro aberto poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo non será necesario inscribirse, pero si acudir ao equipamento municipal no horario de celebración do Dillo ti --de 12.00 a 13.30 horas--.

Desde a súa implantación, no mes de xaneiro de 2016, a nova canle de participación cidadá aberta polo executivo municipal celebrou encontros nos Castros, Palavea, Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Pescaría, A Silva, Feáns, Adormideras, Labañou, Eirís, Santa Margarida, Elviña, Nostián, Zalaeta e San Pedro de Visma. O pasado mes de setembro o programa iniciou unha segunda volta, que comezou nos Mallos. Para máis información pódese visitar www.coruna.gal/conversascoalcalde, así como consultar os vídeo-resumos das anteriores sesións na canle oficial do Concello en Vimeo.

  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?