Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

MocidadeSF

Espazo xuvenil na Sagrada Familia

A quién va dirigido:

Juvenil, Asociaciones o centros escolares, Para público en general

Cuándo:

Desde el 02/01/2019 hasta el 31/12/2019

Ya ha finalizado

Formulario de inscripción

Horario:

Martes a xoves: de 17.00 a 21.00 h |

Venres e sábados: de 17.00 a 23.00 h |

Domingos: de 17.00 a 21.00 h

Dirección:

Centro Social Sagrada Familia. Calle Sagrada Familia 26, Bj. 15007 A Coruña

Precio:

Gratuitos

Organiza:

Concellaría de Participacpación e Innovación Democrática

Departamento de Mocidade

Contacto:

xuventude@coruna.es

Documentos:

2018 Campamento de verán_ díptico informativo (313 KB)

Que é MOCIDADE SF?

MOCIDADE SF é un proxecto de dinamización xuvenil que se desenvolve no barrio da Sagrada Familia co obxectivo de crear  da Sagrada Familia e arredores, onde a xuventude poida realizar actividades do seu interese en grupo.

Esta iniciativa nace dunha proposta da cidadanía ao Concello, que este recolle -a través da Concellaría de Participación e Innovación Democrática- para incidir na mellora da súa calidade de vida así como da veciñanza. A filosofía deste proxecto baséase en escoitar os intereses e as necesidades da mocidade, crear vínculos de confianza coas persoas e dotalas de ferramentas para que elas mesmas poidan organizarse e decidir dentro deste espazo. Deste xeito, ponse en marcha unha experiencia de aprendizaxe para a participación; unha iniciativa na que os grupos de mozas e mozos -que quedan normalmente excluídas dos espazos de decisión- formulan as súas inquietudes e elaboran respostas propias de acción para a transformación da súa realidade e mellorar as súas opcións de ocio e tempo libre.

En MOCIDADE SF participan diferentes persoas dinamizadoras que colaboran coa mocidade asistente para levar a cabo as súas ideas de actividades para o espazo.

Onde está?

O proxecto centra a súa atención na Sagrada Familia, un barrio cunha alta densidade de poboación, que presenta unha gran diversidade cultural e padece unha serie de problemáticas sociais específicas (desemprego, rendas baixas, violencia de xénero etc.). A iso únese un marcado baleiro no referido ás actividades e aos espazos dirixidos á poboación xuvenil. O proxecto MOCIDADE SF desenvolve as súas accións na 4ª planta do Centro Social Sagrada Familia (r/ Sagrada Familia, 26)

Cando podes asistir?

  • De martes a xoves de 17.00 h a 21.00 h
  • Venres e sábados de 17.00 a 23.00 h
  • Domingos de 17.00 a 21.00 h

A entrada é de balde e aberta a toda a mocidade que queira participar de maneira activa na proposta de actividades e desenvolvemento de MOCIDADE SF.

Como funciona MOCIDADE SF?

As normas do espazo páctanse colectivamente, existen unhas normas básicas de convivencia establecidas polas dinamizadoras. Todas e todos comprometémonos a coidar do espazo, das persoas e das relacións.

As decisións das actividades para desenvolver son asemblearias. O funcionamento é por troque: o uso do espazo por algo que ti queiras achegar (unha clase, xestión de actividades, compromiso de participación...)

Cales son os obxectivos de MOCIDADE SF?

O proxecto nace co obxectivo de fomentar a participación da xente moza do barrio da Sagrada Familia, aumentando as súas capacidades para dar resposta ás súas propias capacidades e intereses. Para conseguilo, a iniciativa MOCIDADE SF parte duns obxectivos concretos:

  • Dotar de ferramentas as persoas que acoden ao espazo para que nun futuro poidan xestionarse por si mesmas.
  • Informar e orientar a mocidade sobre recursos existentes, actividades e outra información do seu interese.
  • Xerar propostas para a mellora de habilidades e competencias sociais que faciliten procesos de maduración e de responsabilidade social da xuventude do barrio.
  • Motivar á acción no barrio.

Que tipos de actividades podes atopar?

En MOCIDADE SF as actividades son propostas polas mesmas persoas que acoden ao espazo. Nesta iniciativa é importante que a toma de decisións e organización das accións partan da mesma mocidade que despois asistirá, polo que son elas mesmas quen deciden.

Como podes participar?

Achegándote ao espazo e... formando parte do grupo!

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión